Friedrich Nietzsche: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Obra: arranxiño
Liña 58:
Nietzsche era decididamente un crítico das "ideas modernas", da vida e da cultura moderna. Para el os ideais modernos como “democracia”, "[[socialismo]]", “igualitarismo”, “[[emancipación feminina]]” non eran senón expresións da decadencia do “tipo home”. Por estas razóns, Nietzsche é, ás veces, apuntado como un precursor da [[posmodernidade]].
 
A figura de Nietzsche foi particularmente promovida na [[Alemaña Nazinazi]], tendo a súa irmá, simpatizante do réxime hitleriano, fomentado esta asociación. En ''[[Mein Kampf]]'', [[Adolf Hitler|Hitler]] descríbese como a encarnación do superhome (Übermensch). A [[propaganda nazi]] colocaba os soldados alemáns na posición dese superhome e segundo [[Peter Scholl-Latour]] o libro "Así falou Zaratustra" era dado a ler aos soldados na fronte de batalla, para motivar o exército. Isto tamén xa acontecera na [[Primeira Guerra Mundial]]. Como dicía Heidegger, “na Alemaña estábase en contra ou a prol de Nietzsche”.
 
Porén, o seu pensamento estaba en contra do movemento antisemita promovido por Hitler e os seus partidarios. A este respecto pódese ler a posición de Nietzsche por el mesmo: