Pío XI, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Encíclicas: Arranxos varios
m →‎Papado: arranxiños
Liña 59:
En Italia, o partido católico do dirixente político [[Luigi Sturzo]], chamado [[Partido Popular (Italia)|Partido Popular]], e opositor ó [[fascismo]], disolvérase pouco antes. Pío XI animou ós [[católicos]] italianos nas eleccións de marzo de [[1929]] a que votasen ós fascistas, e catalogou a [[Benito Mussolini]] como ''un home enviado a nós pola providencia''.
 
De ton similar foi o acordo ou [[concordato]] celebrado coa [[Alemaña Nazinazi]] o [[20 de xullo]] de [[1933]], e que implicou, como o [[Tratado de Letrán]] para [[Italia]], a imposición do [[Código de Dereito Canónico]] en [[Alemaña]] e a desarticulación da intervención en política dos católicos. No caso de [[Alemaña]], o [[Partido de Centro (Alemaña)|Partido do Centro]] do ex chanceler [[Heinrich Brüning]] foi disolto, co que os [[nazis]] ficaron sen oposición legal algunha no seu país.
 
A pesar do seu intransixente [[anticomunismo]], que compartía con quen era un dos seus colaboradores máis próximos, Uxío Pacelli, o futuro [[Pío XII, papa|Pío XII]], cara o final do seu pontificado, en marzo de [[1937]], Pío XI emitiu unha [[encíclica]] coñecida como ''Con candente preocupación'' (en [[Lingua alemá|alemán]]: ''Mit brennender sorge''), en onde se condenaba nunha forma moi tépeda ó réxime [[nazi]]. A pesar do ton moi vago das afirmacións deste documento, [[Adolf Hitler]] ordenou a [[Reinhard Heydrich]], xefe da [[Gestapo]], que incautase e destruíse as copia do mesmo, e as relacións entre a [[Alemaña Nazi]]nazi e o [[Vaticano]] enturbáronse por un tempo.
 
Días despois, outra [[encíclica]], coñecida como ''Divino Redentor'' (en [[latín]]: ''Divini Redemptoris''), condenaba, en termos esta vez máis explícitos, ó [[comunismo]].