Ribadeo: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
minúscula |
|||
Liña 172:
Ó igual que sucedeu no pasado, o sector produtivo dominante do municipio de Ribadeo continúa sendo o terciario, na vila, e o primario nas parroquias rurais, o seu antigo alfoz. Por se-la localidade mellor equipada de toda a [[Comarca da Mariña Oriental]], a vila de Ribadeo ten e conserva -dende antigo- unha importante función comercial, portuaria e de servizos, polo que exerce unha forte atracción sobre a contorna rexional e sobre o occidente [[Asturias|asturiano]]. O comercio, o turismo, os servizos profesionais e as actividades de ocio confiren á economía local un marcado rango urbano. O seu [[Porto comercial de Ribadeo|porto]] move máis de 220.000 millóns de toneladas o ano ([[celulosa]], area de mina, magnesita, aglomerado, madeira, entre as principais cargas; [[millo]], polpa de [[remolacha]], entre as descargas máis importantes).
O sector primario dá ocupación a un terzo da poboación activa, tendo experimentado unha considerable melloría coa concentración parcelaria na maioría das parroquias. Coa mecanización e a modernización dos labores agrícolas logrouse deixar de lado o sistema de autoconsumo, para iniciar unha produción plural de explotación forestal e gandeira, de produción [[leite|láctea]] e [[carne|cárnica]] preferentemente. Dentro do sector [[gandería|gandeiro]], destaca a produción [[vaca|vacúa]] seguida da [[porco|porcina]] e, en menor medida, a [[cabalo|cabalar]] e [[galiña|avícola]]; por todo iso, vese claramente como a labranza vaise convertendo nun sector subsidiario da [[gandería]], verdadeira fonte da riqueza municipal. O sector [[pesca|pesqueiro]]
==== Industrias ====
|