Recurvirróstridos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 37:
== Reprodución ==
 
Os recurvirróstridos reprodúcense en campo aberto preto da auga, a miúdo en colonias pouco densas. Defenden os seus territorios de nidificación vigorosamente con exhibicións agresivas, e espantan os intrusos e posibles predadores facendo moito ruído.<ref name=B&T/> Son [[monogamia|monógamos]], aínda que os lazos de parella non se manteñen dunha estación reprodutora a outra. Os seus ovos son de cores claras con marcas escuras, e pesan de 22 a 44&nbsp;g.<ref name=B&T/> Poñen tres ou catro en niños moi simples, e ambos os proxenitores comparten as tarefas de [[incubación dos ovos|incubación]], que se prolongan por 22 a 28 días.<ref name=B&T/> O ''Cladorhynchus leucocephalus'' pode reproducirse só unha vez cada poucos anos, xa que se reproduce en lagos temporais orixinados polas chuvias nos desertos de Australia, que non se forman todos os anos. Os polos teñen [[penuxe]] e son [[precocidade|precoces]], polo que abandonan o niño un día despois de eclosionar;<ref name=B&T/> empluman en de 28 a 35 días.<ref name=B&T/> En todas as especies menos o ''Cladorhynchus leucocephalus'', os polos que deixan o niño son coidados polos pais durante varios meses e poden desprazarse a novas áreas e defender o territorio alí.<ref name=B&T/> Os ''Cladorhynchus leucocephalus'' desvíanse deste comportamento ao xuntar os seus polos en masivas "garderías" ou ''crèches'', que poden contar con varios centos de crías.
 
== Taxonomía ==