Abrir o menú principal

Cambios

m
arranxiño
O 26 de marzo de 1945 Patton enviou a [[Forza Especial Baum]], formada por 314 homes, 16 tanques e varios outros vehículos, a uns 80&nbsp;km tralas liñas inimigas para liberar un campo de [[prisioneiro de guerra|prisioneiros de guerra]], [[OFLAG XIII-B]], preto de [[Hammelburg]]. Patton sabía que un dos prisioneiros que se atopaban alí era o seu xenro o tenente coronel [[John K. Waters]]. A incursión foi un fracaso, e só 35 homes conseguiron regresar, o resto deles pereceron ou foron capturados, perdendo tamén tódolos vehículos asignados. Patton cualificou este intento de liberar Oflag XIII-B como o único erro que cometera durante a segunda guerra mundial.<ref name="Farago">{{Cita libro|apelidos=Farago |nome=Ladislas |título=Patton: Ordeal and Triumph |isbn=9781594160110 |ano=2005 |editorial=Westholme Publishing |OL=8875854M|páxina=790|edición=New}}</ref> Cando Eisenhower soubo desta misión secreta púxose furioso,{{sfn|Axelrod|2006|pp=158–159}} e Patton afirmaría posteriormente que a decisión correcta debera ser enviar un comando de combate, unha forza unhas tres veces maior cá forza especial asignada á misión.<ref name="Farago"/>
 
Chegado abril a resistencia atopada polo 3º Exército foi diminuíndo, e o principal esforzo tornouse cara ó manexo dos aproximadamente 400&nbsp;000 prisioneiros de guerra alemáns que levaban capturados.{{sfn|Axelrod|2006|pp=158–159}} O 14 de abril de 1945 Patton foi ascendido a xeneral, unha promoción que Stimson levaba tempo propoñendo como recoñecemento ós éxitos conseguidos por Patton durante o ano 1944.{{sfn|Blumenson|1974|p=655}} Ese mesmo mes Patton, Bradley e Eisenhower visitaron a [[Merkers-Kieselbach|mina de sal de Merkers]] e o [[campo de concentración de Ohrdruf]].<ref>{{Cita libro|título=The Buchenwald Report|nome=David A.|apelidos=Hackett|editorial=Westview Press|ano=1997|isbn=9780813333632|p=192}}</ref><ref>{{Cita libro|título=Filming the End of the Holocaust: Allied Documentaries, Nuremberg and the Liberation of the Concentration Camps|nome=John J.|apelidos= Michalczyk|editorial=Bloomsbury Publishing|ano=2014|isbn=9781472510860|p=24}}</ref> Ó ver de primeira man as condicións do campo de concentración, Patton amosou a súa repulsa.{{sfn|Axelrod|2010|p=142}} O 3º Exército recibiu ordes de avanzar cara a [[Bavaria]] e [[Checoslovaquia]], anticipando que os [[Alemaña Nazinazi|nazis]] presentarían alí a súa última resistencia. Non recibiu ben a nova de que o [[Exército Vermello]] sería o primeiro en tomar [[Berlín]], e crendo que a [[Unión Soviética]] era unha ameaza para os Estados Unidos, o exército de Patton seguiu avanzando en dirección a [[Pilsen]], pero recibiu a orde de Eisenhower de deterse antes de chegar a [[Praga]] pouco antes do [[Día da Vitoria en Europa|8 de maio]].{{sfn|Axelrod|2006|pp=160–162}}
 
No seu avance dende o Rin ata o [[río Elba|Elba]], o 3º Exército de Patton, contando con entre 250&nbsp;000 e 300&nbsp;000 homes, capturou uns 84&nbsp;860&nbsp;km<sup>2</sup> de territorio alemán. Sufriu unhas perdas de 2&nbsp;102 homes mortos, 7&nbsp;954 feridos e 1&nbsp;591 desaparecidos, mentres que as forzas alemás que loitaron contra o 3º Exército chegaron ós 20&nbsp;100 mortos, 47&nbsp;700 feridos e 653&nbsp;140 capturados.{{sfn|Wallace|2000|pp=194–195}} Entre o 1 de agosto de 1944, cando se tornou operativo, e o fin das hostilidades o 9 de maio de 1945, o 3º Exército estivo en combate durante 281 días de forma continuada. Nese tempo cruzou 24 ríos principais e capturou un total duns 211&nbsp;000&nbsp;km<sup>2</sup> de territorio, incluíndo máis de 12&nbsp;000 cidades e vilas. Segundo os informes do propio 3º Exército, provocaran unhas baixas de 1&nbsp;811&nbsp;388 soldados alemáns mortos, feridos ou capturados.{{sfn|Wallace|2000|pp=194–195}} Segundo a revisión do autor Robert Fuller, entre o 1 de agosto de 1944 e o 9 de maio de 1945 o 3º Exército causou un número de baixas de 47&nbsp;500 inimigos mortos, 115&nbsp;700 feridos e 1&nbsp;280&nbsp;688 capturados, sumando un total de 1&nbsp;443&nbsp;888 baixas causadas.<ref>{{Cita libro |apelidos=Fuller |nome=Robert P. |título=Last shots for Patton's Third Army |isbn=0-9740519-0-X |ano=2004 |editorial=NETR Press |lugar=Portland, Maine|p=254}}</ref>
100.692

edicións