George S. Patton: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
m arranxiño
Liña 51:
A súa primeira participación militar tivo lugar durante a [[Expedición Pancho Villa]] en 1916, formando parte da primeira acción militar estadounidense que utilizou vehículos a [[motor de combustión|motor]]. Uniuse posteriormente ó naquel entón recentemente creado Corpo de Tanques da [[Forza Expedicionaria dos Estados Unidos]], participando na [[primeira guerra mundial]] comandando a escola estadounidense de tanques en Francia e recibindo unha ferida mentres lideraba un corpo de [[tanque]]s durante un combate cara ó final da guerra. Durante o [[período de entreguerras]] Patton mantívose como unha figura central no desenvolvemento da doutrina de [[guerra blindada]] do exército estadounidense, servindo en diversos postos administrativos por todo o país. Tras varios ascensos, atopábase no mando da Segunda División Blindada no momento en que Estados Unidos entrou na segunda guerra mundial.
 
Patton liderou as tropas estadounidenses no [[Teatro de operacións Mediterráneo na Segunda Guerra Mundial|Mediterráneo]] cunha invasión de [[Casablanca]] durante a [[Operación Torch]] en 1942, establecéndose como un comandante efectivo trala súa rápida rehabilitación do 2º Corpo do Exército. Liderou o 7º Exército durante a [[invasión aliada de Sicilia]], sendo o primeiro comandante aliado en chegar a [[Messina]]. Alí viuse involucrado nunha controversia cando [[Incidentes das labazadas de George S. Patton|lle propinou unha labazada a dous soldados]] en estado de [[shock]] que estaban baixo o seu mando, polo que foi temporalmente destituído do mando. Retornou ó mando do 3º Exército trala [[Desembarco de Normandía|invasión de Normandía]] en xuño de 1944, liderando con éxito o rápido avance blindado dos Aliados a través de Francia. Liderou a liberación das tropas estadounidenses asediadas no [[asedio de Bastogne]] durante a [[Batalla das Ardenas (1944)|batalla das Ardenas]], chegando co seu 3º exército a territorio da [[Alemaña Nazinazi]] cara ó final da guerra.
 
Trala guerra pasou a ser o gobernador militar de [[Bavaria]], pero foi destituído deste posto tralas súas afirmacións sobre a [[desnazificación]]. Pasou a comandar o 15º Exército dos Estados Unidos durante pouco máis de dous meses, falecendo en [[Heidelberg]] o 21 de decembro de 1945 como resultado das feridas sufridas nun accidente [[automóbil|automobilístico]] doce días antes.