Sievert: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
imaxe
j/kg
 
Liña 1:
[[File:Ambient dose rate measurement device Graetz X5Cplus.jpg|miniatura|dereita|Medidor de radiación.]]
O '''''sievert''''' (símbolo Sv) é unha unidade derivada do [[SI]] que mide a dose de [[radiación]] absorbida pola materia viva, corrixida polos posibles efectos biolóxicos producidos. 1 '''Sv''' é equivalente a un [[joule]] entre [[quilogramo]], (1 J/kg). Esta unidade dá un valor numérico co que se poden cuantificar os [[Efecto estocástico|efectos estocásticos]] producidos polas radiacións ionizantes.<blockquote><math>1Sv=\frac{J}{kg}=J*kg^{-1}</math></blockquote>Utilizouse este nome en honra ao físico sueco [[Rolf Sievert]].
 
O organismo encargado das definicións de todas as unidades de medida utilizadas para as radiacións ionizantes e a radioactividade é a [[Comisión Internacional de Unidades Radiológicas|ICRU]] (International Commission on Radiation Units and measurements). As súas recomendacións son adoptadas polo BIPM (Bureau International des Poids et Mesures) co que se incorporan ao [[Sistema Internacional de Unidades]].