Luc Besson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Introduciendo ficha
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
Fillo dun matrimonio de monitores de [[submarinismo]], criouse en [[Iugoslavia]] e [[Grecia]]. Por mor dun accidente de mergullo tivo que abandonar a idea de se converter en [[Bioloxía mariña|biólogo mariño]] e decidiu dedicarse ao cinema.
 
Despois de traballar coma [[asistente de dirección]] e de dirixir catro [[curtametraxes]], debutou coma director en [[1982]] con ''[[Le dernier combat]]'', un drama visual apocalíptico carente de diálogos ao longo de toda a cinta. En [[1985]] dirixiu o filme de [[xénero policiaco]] ''[[Subway]]'', con [[Christopher Lambert]] e [[Isabelle Adjani]] coma protagonistas. Posteriormente rodou ''[[Le Grand Bleu]]'' en [[1988]], filme que trata sobre a [[apnea]] e que, a pesar de ser rexeitado maioritariamente pola crítica, se converteu nunhanun [[películafilme de culto]]{{Cómpre referencia}}.
 
En [[1991]] traballou con [[Anne Parillaud]] en ''[[Nikita]]'', unha longametraxe sobre unha [[Crime|criminal]] que recibe formación por parte dos servizos secretos para devir unha [[Asasinato|asasina]]; o seu éxito nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] foi tal que o director [[John Badham]] rodou en [[1993]] unha segunda versión co título ''[[A asasina]]''. O seu documental mariño ''[[Atlantis (filme de 1991)|Atlantis]]'', de [[1991]], causou unha grande impresión pola calidade da súa fotografía{{Cómpre referencia}}.