Os escuros soños de Clío: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Descrición: modificación das cabeceiras
Sen resumo de edición
Liña 54:
Pedro Ardellastres foi o célebre ferreiro do sur de Ourense que serviu de inspiración para a invención popular de San Pedro Novo, venerado en toda a Limia Baixa ata que foi retirado do santoral o século pasado. Aínda que non se sabe moito sobre el, do expediente Quevedo, elaborado por outro relixioso, entresaca o autor dous testemuños relativos á vida deste personaxe: o de Fernando Salomón, abade e devoto de S. Pedro, e o de Xohan Alfonso de Cerreda. O primeiro refírese ao proceso de Ardellastres, da muller e da filla, dos milagres que contaron as testemuñas e de como estas se rebelaron cando souberon que os acusados ían ser axustizados. O segundo narra algúns dos milagres do santo despois de morrer. Ambos testemuños son considerados pouco fiables por Quevedo, xa que o instrutor González de Almeida considera probado que Ardellastres era un home mentalmente enfermo, que se consideraba Cristo e se aproveitaba das xentes, que lle daban diñeiro e abusaba das mulleres que querían ter un fillo del.
 
==== '''O republicano de Francelos''' ====
 
O autor reproduce a instancias do seu amigo Xulio Alonso Losada os datos recollidos sobre don Luis Meruéndano, un galego arroutado e esquencido. A primeira noticia vén nun folleto de 1973 no que o autor trata de exculpar ao farmacéutico [[José María Chao Rodríguez|Xosé María Chao]] do atentado que mutilou ao [[Nazario Eguía|xeneral Eguía]] en 1829, en pleno réxime absolutista de [[Fernando VII]], cando era o militar Capitán Xeral de Galicia. Nese folleto cítase a Meruéndano como discípulo avantaxado de Chao. Por certo, [[Manuel Curros Enríquez|Curros Enríquez]], na biografía de [[Eduardo Chao]], ministro de Fomento durante a 1ª República e fillo do primeiro, tamén o considera inocente.