Lagopus muta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 34:
Para soportar as [[temperatura]]s extremas do seu [[hábitat]], posúe [[pluma]]s dobres, que cobren incluso as [[pata]]s. Ademais é unha especie que non adoita desprazarse a grandes distancias, tentando minimizar así o gasto enerxético.
 
UnaUnha característica particular deste animal é a de posuír as [[pata]]s completamente cubertas de plumas, que descenden até a porción distal dos dedos, deixando ao descuberto soamente as fortes uñas que lle permiten escavar incluso na nieve máis dura. As pegadas que deixan as súa patas recordan as dunha [[lebre]] pequena.
 
Con respecto á cor destas aves de montaña, é interesante destacar que a [[natureza]] dotounas dunha homocromía estacional que lles permite [[camuflaxe|camuflarse]] no seu [[hábitat]] cambiante. Así, durante o verán, a plumaxe presenta tonalidades pardas, cincentas e avermelladas con estrías transversais negras sobre o dorso. A parte inferior das [[á]]s e o ventre permanecen brancos todo o ano. En cambio, en inverno a plumaxe convértese nunha capa totalmente branca, coun trazo negro sobre os ollos, sendo posíbel distinguir ao macho da femia por presentar unha mancha negra debaixoo da garganta. O paso da plumaxe estival ao invernal ten lugar dun modo gradual. Na primavera ten unha tonalidade que vai da gris á parda escura, e a mediados de agosto pasa á parda agrisada; en outubre, á abrancazada con manchas marróns e en decembro adquire a súa característica cor branco uniforme.