Partido Republicano Democrático Federal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxiños e referencia
Sen resumo de edición
Liña 10:
==Constitución do partido==
[[Ficheiro:Francisco Pi y Margall.jpg|miniatura|Francesc Pi i Margall, principal dirixente do Partido Republicano Democrático Federal]]
O movemento dividiuse en moderados, que supeditaron o partido respecto da representación parlamentaria e buscaron o acordo con outras forzas políticas, e os radicais intransixentes, que se mostraron maioritariamente inclinados cara aos pactos rexionais e á actuación nas rúas ou a insurrección armada. Logo do [[Pacto Federal de Tortosa|pacto de Tortosa]] de maio do [[1869]] e ante a proliferación de pactos rexionais, Pi i Margall impuxo un ''pacto nacional'' (xuño do 1869), non podendo evitar a insurrección federal de setembro-outubro, promovida especialmente polos intransixentes de Cataluña en contra das quintas.
 
A partir de [[1870]], a hexemonía dentro do partido de Pi i Margall baseouse no mantemento dun difícil equilibrio entre a esquerda e a dereita. A Primeira Asemblea Federal celebrada en Madrid en marzo de [[1870]] significou un importante cambio orgánico, por canto deixou de lado os pactos rexionais como motores organizativos do partido e estableceu cinco membros directivos, en Madrid, formado por Pi i Margall como presidente, [[Emilio Castelar]], [[Estanislao Figueras]], [[José María Orense|José María de Orense e Barberà]], co propósito de lograr unha maior unidade e eficacia. Con iso, Pi i Margall venceu facilmente o ataque da dereita na Declaración de Prensa do [[7 de maio]] de [[1870]] contra o pactismo e favorable ao unitarismo, pero non puido evitar o agravamento da división interna e a constitución de comités locais republicanos separados, moderados e intransixentes, en [[Barcelona]], [[Valencia]] e [[Palma]]. Aínda así, Pi foi reelixido presidente nos sucesivos directorios de [[1871]] e de [[1872]], maioritariamente dominados polos moderados.
 
==A Primeira República==
Liña 29:
 
==Desaparición do partido==
As relacións coa dirección central do partido en Madrid empeoraron á morte de Pi i Margall, e o seu sucesor [[Eduardo Benot]], non puido evitar a rotura do partido en maio de [[1905]]. O republicanismo federal continuou sendo forte en Cataluña, pero incapaz de crear unha estrutura de partido por enriba da acción dispersa dos membros políticos locais. Só unha pequena parte situouse á beira de [[Alejandro Lerroux]], quen nunca se mostrou partidario do federalismo, e a maioría uniuse ás diferentes formacións do republicanismo catalanista ([[Unión Republicana (España)|Unión Republicana]], [[Centro Nacionalista Republicano]], [[Unión Federal Nacionalista Republicana]]). O pouco que quedaba do partido, logo de formar parte da [[Solidaritat Catalana|Solidariedade Catalá]], uniuse no ano [[1909]] a [[Esquerra Catalá]] e finalmente en 1910 incorporouse á [[Unión Federal Nacionalista Republicana]].
 
== Notas ==