Neustria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m warnfile Añadido: lb:Neustrien
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 9:
Con todo, o termo Neustria (derivado de Niuster «o máis novo») só parece xurdir un século despois. O triunfo de [[Clotario II]] en [[613]] foi o triunfo de Neustria, á que se anexou a [[Aquitania]]. Pero, trala morte de [[Clotario III]], Neustria foi sometida a un rei imposto por Austrasia, e dese modo Aquitania pasou a ser independente en [[670]]. Ebroïn fixo o intento de volver dar a Neustria o estatuto de reino independente, pero durou pouco tempo, pois foi vencido en [[687]] en [[Testry]], aldea de [[Picardía]] situada 13 km ao sur de [[Péronne]], por [[Pipino]], duque de Austrasia. A partir de entón, Neustria pasou a ser un estado vasalo de Austrasia, dirixido pola casa de Heristral. Con todo, a distinción entre Neustria, Austrasia ou Borgoña subsistiu, aínda que tendendo a perderse; así, tralo tratado de Verdún de [[843]], o nome de Neustria designaba apenas o oeste da Baixa Neustria. Finalmente perdeu o seu nome para tomar o de [[Normandía]] (en francés, ''Normandie'', orixinalmente ''Northmannie''), unha vez que foi cedida ao normando [[Rollon]] en [[912]].
 
== Longobardos==
 
Co nome de '''Neustria''' tamén se coñeceu unha parte do territorio ocupado polos [[longobardos]] no norte da Península italiana. Para este uso ver este [[Longobardia Maior#Austria e Neustria|artigo]].
[[Category:Historia de Francia]]
[[Category:Francos]]