Diferenzas entre revisións de «Xornadas de Teatro de Vigo»

(Desfíxose a edición 5077877 de 193.146.43.5 (conversa))
Etiqueta: Desfacer
 
== Inicios ==
<br />
A ditadura militar franquista foi un momento histórico convulso, marcado polas reivindicacións e o descontento social, no que os movementos xuvenís, a través do asociacionismo cultural, loitaban por recuperar a liberdade e a democracia. Nese contexto o teatro converteuse nun medio de axitación social e política, que no ambiente pechado da ditadura adquiriu moita relevancia polo valor de expresión pública e colectiva.
 
A finais de 1950 comeza a actividade teatral en Vigo arredor da creación de grupos como “Keizán” ou “Asociación de prensa”. En 1971 nacen os grandes impulsores do certame: “Esperpento” e “COPE”.
 
Será no mes de decembro, concretamente o día 7, cando o Padre Polo dará  unha conferencia sobre os problemas  relacionados co desenvolvemento do teatro en xeral e máis particularmente co teatro vigués. Así quedou verbalmente programada unha actividade especial de carácter dramático para o mes de maio. A raíz desta reunión, os grupos vigueses puxéronse mans á obra. Co apoio da prensa e mais cos beneficiosos resultados alcanzados nas xestións realizadas conseguiuse para abril-maio de 1972 a chegada en Vigo das I Jornadas de Teatro.
 
As Jornadas de Teatro de Vigo naceron coa idea de captar novos públicos a través do compromiso coa realidade social do momento. Como sinalaban os organizadores na editorial, baixo o título “Ayudas y decepciones … a tener en cuenta” do programa de man das II Xornadas:
 
{{cita|Por quienes organizamos estas “Jornadas” y por todos los que han hecho o quieren hacer del Teatro una forma de vida, se pretende que el hecho teatral no se dedique a las "élites", sino que llegue a todas las gentes. La realidad teatral del país es fea, y por eso, para revitalizarla, organizamos estas actividades(…).}}
 
== Lugar de celebración ==
<br />
As Jornadas, desenvolvéronse no Auditorio da Caja de Ahorros Municipal de Vigo, aberto ao público no ano 1969. Esta sala concibida como sala de conferencias non contaba con máis de 500 localidades, capacidade que para esta experiencia resultou insuficiente, feito que se demostrou nas primeiras edicións das Jornadas nas que moitos dos asistentes permanecían de pé durante as representacións, o que motivou que nas últimas edicións os organizadores aumentasen o número de funcións a dúas. Esta sala, a pesar das limitacións que ofrecía ao non estar concibida como sala teatral, converteuse nun espazo comprometido coa difusión destas novas propostas teatrais. Pero na última edición das Jornadas, no ano 1978, as representacións trasladáronse ao Cine-teatro do Colexio Salesianos, que se inaugurou tras a construción do novo colexio no ano 1978, e que contaba con 1000 localidades.
 
== Financiamento ==
Aínda que durante o transcurso destas houbo montaxes que esixiron espazos de maior capacidade como o Pavillón Municipal de Deportes. As Xornadas de Vigo eran un encontro moi representativo a nivel nacional, polo que contou con múltiples subvencións do Ministerio. Precisamente, o presuposto das últimas mostras foi de 1&nbsp;750&nbsp;000 [[peseta]]s por catro institucións: concello vigués, a [[Deputación de Pontevedra|Deputación]], Información e Turismo e a Caixa de Aforros municipal de Vigo.
Ata aquel momento a asistencia a estes espectáculos era gratuíta o que confrontou dous sectores, os que defendían a gratuidade, apoiados na cesión do Auditorio, pola patrocinadora [[Caja de Ahorros Municipal de Vigo]], e os que pola contra reivindicaban que o público debía pagar, como toma de conciencia cara á produción do labor dos grupos. Isto tivo consecuencias na difusión, xa que a Caja de Ahorros Municipal de Vigo, cando cedía o Auditorio, contaba con medios propios de promoción dos que dalgún modo se beneficiaban os organizadores destas xornadas. Estes organizadores eran grupos ligados ao ámbito da cultura oficial e que posuían un soporte institucional; non se trataba de grupos pertencentes á resistencia, senón que eran sectores que buscaban unha construción nacional galega.
 
Aínda que durante o transcurso destas houbo montaxes que esixiron espazos de maior capacidade como o Pavillón Municipal de Deportes. As Xornadas de Vigo eran un encontro moi representativo a nivel nacional, polo que contou con múltiples subvencións do Ministerio. Precisamente, o presuposto das últimas mostras foi de 1&nbsp;750&nbsp;000 [[peseta]]s por catro institucións: concello vigués, a [[Deputación de Pontevedra|Deputación]], Información e Turismo e a Caixa de Aforros municipal de Vigo.
 
== Grupos e obras representadas ==
Dentro do contexto da cidade destacaban os grupos vencellados a asociacións culturais ou a círculos recreativos veciñais como o grupo Escoitade de Valladares, dirixido por Teodoro Piñeiro.
 
Destacar alén que na cidade había tres formacións, Teatro Popular Keyzán, Teatro Popular Cope e Esperpento Teatro Joven, que funcionaban case como grupos estables, pois aínda que non eran profesionais, actuaban con regularidade e continuidade e que serían, xunto co movemento afeccionado veciñal, o feito fundamental destas xornadas.
 
A todos estes grupos tamén se sumaron  grupos afeccionados, universitarios ou de Cámara e Ensaio. Entre os grupos representantes do Teatro Universitario, destaca o de Navarra, que actuou nas I Jornadas de Vigo coa obra ''El cepillo de dientes'' do dramaturgo chileno [[Jorge Díaz]], no que se presentaba a Charo Francés, casada máis tarde co dramaturgo arxentino Arístides Vargas e cofundadora da compañía ecuatoriana Malayerba, que se iniciaba no mundo do teatro.
 
A organización das Xornadas tiña como un dos seus obxectivos garantir a pluralidade coa presenza de grupos de todos os ámbitos rexionais, aínda que esa inquietude por amosar o que se estaba facendo fóra do ámbito rexional tamén foi motivo de duras críticas por algúns sectores teatrais galegos que manifestaron o seu descontento cara o que consideraban “colonialismo teatral”, pois tratábase dun festival feito con grupos de exterior, fronte ao que desde un sector maioritario do teatro independente galego se defendía o marco creado en Ribadavia en tanto monolingüe e virado cara á realidade teatral do país. Non obstante, pese as duras críticas, chegaron a cidade montaxes de grupos do País Vasco como Akelarre, que obtivera no ano 1971 o premio nacional á mellor compañía de Teatro Independente.
 
Por outra parte, este novo teatro tamén defendía que a captación de novos públicos pasara pola formación dun público infantil, e que invocara a formas abertas de expresión e creatividade, baseadas no xogo e no que eles mesmos sinalaban, a unha “historia lógica normal”. Este público infantil recibiu a algúns destes grupos, como Teatro Libre de Arxentina con ''La mayonesa se bate'' ou Teatro de la Ribera de Zaragoza coa peza ''Pim, pam, pum'' , nas propias escolas. A xustificación que formulaba a organización era que debido á imposibilidade material dun traballo continuado de animación nas escolas quixesen contribuír polo menos a diminuír a ausencia total de relación dos nenos co teatro.
 
Outros grupos como Pequeño Teatro de Valencia, con la obra de Jaime Carballo, ''Las Mariposas'', ou ''Ensayo'', de Madrid, coa peza colectiva baseada en textos de [[Plauto]] e [[Molière]], ''Anfritión, pon tus barbas a remojar'', causaron un grande impacto en Vigo polo diálogo fluido que se acadou entre o público e o espectáculo. O primeiro grupo apelaba ao distanciamento mediante a utilización de elementos no escenario como bonecos, xogos teatrais, maquillaxe, na que o factor sorpresa era o que marcaba a distancia que permitía criticar o que se vía, nun espectáculo non exento de diversión no que os elementos populares acadaban un carácter máis poético que realista. O segundo buscaba unha vía de investigación teatral próxima formalmente ao [[cómic]] e ao [[cabaré]], na que estaba presente a comicidade como vehículo de aproximación aos entón chamados públicos populares.
 
É o moi destacábel tamén que nas II Jornadas participaron directores e actores dos grupos: Rosalía de Castro, de [[Santiago de Compostela]], Histrión 70, Aula Teatral e Valle Inclán de [[Ourense]], Esperpento Teatro Joven, Teatro Popular Cope, Teatro Popular Keyzán, de Vigo, Más Vital, de [[Coruxo, Vigo|Coruxo]], O Trasho, do [[O Porriño|Porriño]], Escoitade, de [[Valadares, Vigo|Valadares]] e Aficionados, de [[Marín]] e no que estivo convidado o escritor e dramaturgo [[Eduardo Blanco Amor]], referente do galeguismo prefranquista. Nestes debates estiveron presentes a problemática do teatro galego e as preocupacións dos grupos como cal era o teatro que debía facerse en Galicia, a falta de repertorio en galego, o bilingüismo, a definición do concepto de “teatro popular”. Polo que estes encontros serviron para intercambiar experiencias. Ademais estas xornadas, que se completaron coa organización das Mostras de Teatro galego a partir do ano 1975 e que duraron ata o ano 1979, desvelaron que o “bilingüismo” confrontaba dous sectores que defendían de diferente modo a necesidade dunha transformación do panorama teatral; un desde o fortalecemento das propias estruturas do teatro galego e outro desde a perspectiva da renovación sen condicionantes.
 
Por último dicir que nas III Jornadas cóntase co grupo Teatro Popular Queiza, [[Ditea|Teatro Cámara Ditea]] de Santiago, Teatro Popular de [[Teis, Vigo|Teis]], Saudade de [[Matamá, Vigo|Matamá]], Cooperativa de Comediantes de [[Lisboa]], A farándula de Vigo, Escoitade de Valadares e [[Agrupación Cultural O Facho|O Facho]] da [[A Coruña|Coruña]]. Foi destacábel a presenza do grupo portugués “Cooperativa de comediants”, interpretada como unha  estreita unión e achegamento das dúas culturas irmás. Estiveron ausentes o Teatro Circo da Coruña, Antroido de Santiago, Candea de Noia, Valle Inclán de Lugo etc. Había problema coa censura e coas montaxes. Os carteis deste ano foron de Abreu Batos.
 
== Finalidade ==
Deste modo naceron as Jornadas de Teatro de Vigo.
A [[franquismo|ditadura franquista]] foi un movemento histórico caracterizado polas reinvindicacións e o descontento social. Neste contexto o teatro converteuse nun medio de axitación social e política. Deste modo naceron as Jornadas de Teatro de Vigo.
 
Estas Jornadas tiñan como principal finalidade que o seu teatro chegase a todo o mundo e non unicamente ás elites, para así mostrar a todo o mundo a situación do país naquel momento.
 
<br />
Por outra parte querían pór en contacto os grupos da cidade con outros grupos rexionais para concibir outras formas de teatro. Non obstante o contacto con outros grupos rexionais trouxo como consecuencia duras críticas, probablemente por sectores máis próximos ao nacionalismo, ao que denominaron “colonialismo teatral”.
 
== Véxase tamén ==
Usuario anónimo