Tratado de Verdún: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 79.147.20.126 (conversa); cambiado á última versión feita por MAGHOI
Etiqueta: Reversión
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Treaty of Verdun -gl.svg|miniatura|As divisións do [[Imperio carolinxio]] segundo o '''Tratado de Verdún''' ([[843]]). Este mapa había sufrir importantes modificacións co [[Tratado de MersenMeerssen]] ([[870]]).]]
Coñécese como '''tratado de Verdún''' o acordo celebrado entre [[Lotario I]] do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]], [[Lois o Xermánico]] e [[Carlos o Calvo]], fillos de [[Ludovico Pío]] e netos de [[Carlomagno]]. Por este tratado, os tres irmáns puxeron fin a anos de hostilidades en que se enlearon debido á súa ambición de controlar a totalidade do [[Imperio carolinxio]], o que foi permitido pola debilidade de seu pai.
 
Liña 5:
Polo tratado de Verdún ([[843]]), os tres netos de Carlomagno desintegraron o Imperio. Carlos levouse as rexións occidentais do Imperio. Luís tomou para si as rexións orientais. Lotario, pola súa banda, pola súa ambición, obtivo as capitais imperiais: [[Roma]] e [[Aquisgrán]], situadas nunha estreita franxa de terreo entre os dominios dos seus dous irmáns, que ía desde Italia ata o [[Mar do Norte]].
 
O tratado tivo consecuencias políticas incalculábeis. Ademais de sepultar para sempre o soño dunha resurrección do [[Imperio romano]] en Europa Occidental (que sería infrutuosamente buscado polo [[Sacro Imperio Romano Xermánico]]), creou a semente do que despois serían as nacións de [[Francia]] ao oeste (o territorio de Carlos, que por primeira vez recibe esa denominación en vez do tradicional nome de [[Galia]]) e [[Alemaña]] ao leste (os dominios de Luís). No referente ao territorio de Lotario, este desintegrouse bastante rápido, nun novo tratado celebrado o ano [[870]] ([[Tratado de Meerssen]]).

O territorio de Lotario será coñecido na [[Idade Media]] como a [[Lotarinxia]], denominación xeográfica que abarcaabrangue [[Flandres]] (as actuais [[Bélxica]] e [[Países Baixos|Holanda]]), as rexións francesas de [[Alsacia]] e [[Lorena (rexión)|Lorena]], e a [[Italia]] setentrional. Esta colección de terras era demasiado inestábel para seguir unidas nun mesmo cetro, e non volveron desempeñar un papel unitario na [[historia universal]].
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Tratado de MersenMeerssen]].
 
{{Control de autoridades}}