Orquestra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
{{1000 artigos icona título|materia=Música, danza e teatro}}
Fendetestas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
[[Ficheiro:Orquesta_Filarmonica_de_Jalisco.jpg|miniatura|250px|Orquestra Filharmónica.]]
[[Ficheiro:Orquestra Panorama Barrantes.jpg|miniatura|dereita|250px|Actuación da [[orquestra Panorama]] en [[Barrantes, Ribadumia|Barrantes]].]]
 
Unha '''orquestra'''<ref>{{DRAG|orquestra}}</ref> é unha formación instrumental típica da música académica que se divide tradicionalmente nas seccións de [[corda]], de [[vento]] e de [[percusión]]. Nace no século XVII e toma coma base a [[corda fretada]]. Pouco a pouco iranse engadindo instrumentos ata chegar á [[orquestra sinfónica]] actual. O termo emprégase tamén para facer referencia a conxuntos instrumentais diversos, falándose de orquestras de [[jazz]], de baile, de vento, etc.<ref name="ReferenceA">{{cita libro |apelido= Latham|nome= Alison|título= Diccionario enciclopédico de la música|idioma= es|ano= 2008|editor= Tezontle|editorial= Fondo de Cultura Económica|lugar= México, D. F.|isbn= 6071600200|páxinas= 1132-1134}}</ref>
 
As principais orquestras galegas son a [[Orquestra Sinfónica de Galicia]] (con sede na Coruña) e a [[Real Filharmonía de Galicia]] (con sede en Santiago de Compostela).
 
== Etimoloxía ==
 
A palabra '''orquestra''' provén do [[Lingua grega|grego]] ορχήστρα, orchestra e significa lugar para bailar.
 
Esta definición remóntase ao século V a. de C., cando as actuacións facíanse nos teatros ao aire libre. Fronte á área principal da actuación había un espazo para cantantes, danzantes e instrumentos. Este espazo chamouse orquestra. Hoxe en día, o termo refírese a un conxunto de instrumentos musicais e aos músicos que os tocan ou executan, independentemente do xénero musical que realicen (clásico, tropical, moderno, etc.).
 
Na Idade Media o termo pasou a referirse ao escenario en se mesmo. A partir do final do século XVII, usouse para referirse ao conxunto de intérpretes, como é hoxe. Non obstante, o termo aínda denota o conxunto de asentos colocados a nivel do chan fronte ao escenario en teatros e salas de concertos.
 
== Evolución histórica ==