Emú: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
nome referenciado
Miguelferig (conversa | contribucións)
m queda menos raro
Liña 42:
| range_map_caption = O ''Dromaius novaehollandiae'' habita nas áreas de cor.
}}
O '''''Dromaius novaehollandiae''''' ou emú<ref>Dicionario Digalego [https://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php?op=ver&id=24743&opcion=entrada&entrada=em%FA emú]</ref> é segunda meirande ave de maior tamaño existente, despois da [[avestruz]]. É [[Endemismo|endémica]] de [[Australia]], onde é a meirande ave nativa e o único membro existente do [[xénero (bioloxía)|xénero]] ''[[Dromaius]]''. A área de distribución do ''Dromaius novaehollandiae'' abrangue case toda Australia, mais as subespecies de Tasmania e da illa King extinguíronse despois da colonización europea do continente en 1788. Esta ave é común de abondo para ser clasificada como pouco preocupante pola [[International Union for Conservation of Nature]].
 
Son [[aves non voadoras]] de plumaxe densa e sedosa de cor marrón e longas patas e pescozo que poden chegar ós 1,9&nbsp;m de altura. Poden percorrer grandes distancias, e cando é preciso poden acadar os 50&nbsp;km/h. Aliméntanse dunha gran variedade de plantas e insectos, e sábese que poden pasar semanas sen comer. Beben de xeito infrecuente, pero toman grandes cantidades de auga cando se presenta a oportunidade.