Centro Gallego de La Habana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Corrixido o formato das referencias e engadidas notas
Liña 1:
{{Sen notas}}
[[Ficheiro:Gran Teatro de La Habana (Jan 2014).jpg|miniatura|Gran Teatro de La Habana (Jan 2014)|alt=]]
O '''Centro Gallego de La Habana''' foi construído pola Comunidade Galega de [[Cuba]], e é considerado unha das máis importantes obras do seu tipo realizadas nese país. Foi un elemento de gran relevancia no vida dos inmigrantes galegos, proporcionándolles atención sanitaria, un lugar onde instruírse, reunirse e promover a cultura.
 
== Obxectivos ==
Un dos principais obxectivos do centro era proporcionarlles aos inmigrantes galegos asistencia sanitaria, creando o sanatorio “La Benéfica”. Á vez, buscábase crear unha maior unión entre todos os inmigrantes nun lugar onde puidesen instruírse os tempo que divertirse. Ademais, o centro caracterizouse polapolo súaseu labor solidariasolidario, axudando a vítimas de catástrofes tanto de Galicia como doutros lugares, e pola súa loita contra a explotación dos inmigrantes galegos.
 
Por outra banda, o centro realizará tamén a gran labor de promover a cultura creando seccións de lírica e filharmónica, a realización de cursos de lingua e cultura galegas, ou impartir cursos artísticos de danza e música. O grupo folclórico de danza e gaitas “Follas Novas”, por exemplo, participará en actos organizados por institucións públicas, destacando o “Quinto Encontro Iberoamericano de Cultura”.
Liña 15:
En [[1891]] o Centro colabora coa publicación da ''Historia de Galicia'' de [[Manuel Murguía]].
 
No ano 1905 merca o edificio do Teatro Nacional (antes coñecido como Teatro Tacón) e os terreos máis próximos. En [[1906]] o centro funda unha caixa de aforros, configurándose como entidade bancaria en 1909 baixo o nome de “Caja de Ahorros y Banco Gallego”, permitindo todo isto que o número de socios medre. En 1907 comezou a construción dun edificio-sede, inaugurándose en [[1913]]. Así, configurábase en todos estes terreos o que sería o Pazo Social. Ademais, durante este ano 1907 foi composto o himno galego, no que se empregaría a letra do poema de [[Eduardo Pondal]], ''[[Os Pinos]]''.<ref>{{Cita web|título=Centro Gallego|url=https://www.minube.com/rincon/centro-gallego-habana-a70816|páxina-web=Minube|data-acceso=2019-02-24|lingua=es-ES}}</ref> Cabe engadir que ao igual que o [[Himno de Galicia|himno]], a [[Bandeira de Galicia|bandeira galega]] tamén é froito da inmigración en Cuba.<ref>{{cómpreCita referenciaweb|título=Blog Nacional: Centro Gallego de La Habana|url=http://blognacional.blogspot.com/2007/09/centro-gallego-de-la-habana.html|páxina-web=Blog Nacional|data=2007-07-09|data-acceso=2019-02-24|apelidos=Wicek}}</ref>
 
O “Plantel de Concepción Arenal”, instalado no antigo edificio, encárgase da ensinanza primaria e de impartir clases nocturnas de comercio, corte e costura ou taquigrafía. Tamén é de destacar que a Academia de música alcanza o rango de Conservatorio Nacional. Tanto esta Academia de Música como a Academia de Belas Artes están situadas tamén no antigo edificio do Centro.
 
En [[1920]] o Centro Gallego contaba con 64, 000 socios. O hospital do Centro, chamado “La Benéfica”, tiña xa en [[1950]] 13 pavillóns entre os que se atopan os dedicados ás enfermidades mentais e nerviosas ou á hidroterapia, por exemplo.
 
Co triunfo da [[Revolución Cubana]] producida en [[1959]], acontecen cambios que afectan ás asociacións dos inmigrantes. Comeza a carecer de sentido a existencia do Centro posto que a saúde era gratuíta no país, mentres que no centro hai unha cota de socio mensual por recibir esa asistencia.
 
A revolución fai cesar o Centro en [[1961]] e nacionalizan o patrimonio deste, como o teatro, o palacio da sede, o hospital ou o banco entre outros. O último presidente do Centro Gallego de La habanaHabana é Camilo Vila, que fora vicepresidente até febreiro dese ano, cando renunciou [[José Pérez Riva]].
 
== Situación ==
Liña 29:
 
== Edificio ==
Edificouse en [[1914]] e foi obra do arquitecto [[Paul Beleuy]].<ref>{{Cita web|título=Centro Gallego de La Habana, Cuba - La Arquitectura de La Habana, Cuba|url=http://www.arquitecturahabana.org/las-murallas/centro-gallego-de-la-habana-cuba|páxina-web=www.arquitecturahabana.org|data-acceso=2019-02-24}}</ref> As súas fachadas ricamente decoradas con esculturas e adornos en mármore e bronce converten este edificio nun monumento ao eclecticismo con matices [[neobarroco]]s. Notamos, así pois, certa intención no arquitecto de reescribir as características representativas do Barroco cubano. Ademais, atopamos catro grupos escultóricos na súa fachada que representan alegorías da beneficencia, a educación, a música e o teatro. Dentro do propio centro foi construído un teatro, durante moitos anos o máis grande e luxoso de Cuba. O edificio pertence ao chamado Pazo Social.
 
== Publicacións ==
Liña 44:
=== Ligazóns externas ===
{{Formato de referencias}}
* [http://www.ecured.cu/Centro_Gallego_de_La_Habana Historia do Centro]
* http://www.arquitecturahabana.org/las-murallas/centro-gallego-de-la-habana-cuba
* [http://wwwblognacional.minubeblogspot.com/rincon2007/09/centro-gallego-habanade-a70816#la-habana.html Historia do Centro Galego]
* [http://emigracion.xunta.gal/files/ebiblioteca_files/Asociacionismo_Galego_no_exterior_TI.pdf Asociacionismo Galego no exterior]
* http://www.ecured.cu/Centro_Gallego_de_La_Habana
* http://blognacional.blogspot.com.es/2007/09/centro-gallego-de-la-habana.html
* http://emigracion.xunta.gal/files/ebiblioteca_files/Asociacionismo_Galego_no_exterior_TI.pdf
 
{{Control de autoridades}}