Carantania: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
 
Liña 1:
{{Sen referencias|data=febreiro de 2019}}
'''Carantania''' (en [[lingua eslovena|esloveno]]: ''Karantanija'') foi un antigo ducado [[Eslovenia|esloveno]] na [[Europa central]]. Os carantanios son os devanceiros dos actuais [[esloveno]]s. A capital de Carantania era a cidade de Karnburg (''Krnski grad''), situada no val do Zollfeld (''Gosposvetsko polje''), ao norte de [[Klagenfurt]] (''Celovec''). Carantania abarcaba os territorios dos actuais estados de [[Austria]] e [[Eslovenia]].
 
Liña 11 ⟶ 12:
A irrupción dos bávaros, con todo, provocou unha imaxe negativa ao Cristianismo xa que obviamente o exército estranxeiro non respectou disciplina algunha, como en xeral non facía exército ningún nesas circunstancias. Debido a isto entre a xente creceu a desconfianza cara ao Cristianismo. Foi grazas por obra do duque Domiciano que a conversión ao Cristianismo foi total. En épocas de [[Carlomagno]], en [[802]], o duque faleceu, logo sería recoñecido santo. Cara a [[828]] o Ducado de Carantania ocupaba o actual territorio de [[Austria]] e Eslovenia.
 
== A Instalacióninstalación dos Duques de Carantania ==
[[Ficheiro:Coronaciónj ducal.jpg|miniatura|Instalación na Pedra do Príncipe]]
O Principado de Carantania é coñecido principalmente polo seu antigo rito de instalación dado súaseu [[duque]] ou príncipe (''knez''), unha práctica que continuou no posterior Ducado de Carintia. O rito era realizado en [[lingua eslovena]] e o candidato proposto polo rei ou emperador debía sentar sobre a Pedra do Príncipe (''Knežji kamen''). Alí era interrogado acerca das súas calidades por un campesiño libre electo polos seus pares, é dicir un representante do pobo. Este ritual é descrito no libro de Jean Bodin ''Les six livres de la République'' (O seis libros da República) como un antecedente único en [[Europa]] de democracia durante a [[Idade Media]]. Este rito levouse a cabo até [[1414]].
 
==Véxase tamén==
===Outros artigos===
*[[Eslovenia]].
 
===Ligazóns externas===