Carantania: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 5:
En [[595]] rexístrase a cita, por parte do historiador [[longobardos|longobardo]] [[Paulo Diácono]], do primeiro estado estable eslavo e esloveno como "Provincia Sclaborum", que logo se coñecería como Carantania. En [[623]], os eslavos foron unidos nunha alianza baixo o rei [[Samo]], coñecida nas fontes históricas como ''Marca Vinedorum'', a cal incluía os territorios de Carantania. En [[658]], despois da morte de Samo, a Alianza Eslava desintegrouse, mais Carantania sobreviviu e mantivo a súa independencia.
 
Carantania, que era unha nación pagá, en [[745]] foi seriamente ameazada militarmente polos [[ávaros]] da veciña [[Panonia]], razón pola cal o duque [[Borut]] solicitou axuda militar aos [[Baviera|bávaros]], xa cristianizados e vasallosvasalos do rei dos [[francos]], quen era considerado o protector do [[Cristianismo]] de [[Europa]]. O rei dos francos autorizou a Baviera a que axudase á pagá Carantania, pero a condición de que esta última aceptase o cristianismo. O duque Borut aceptou a condición e coa axuda dos Bávaros Carantania derrotou definitivamente aos ávaros. Así foi que o duque Borut enviou ao seu fillo Gorazd e ao seu sobriño Hotimir para que se educasen na fe cristiá en [[Baviera]].
 
Nas décadas seguintes á derrota dos ávaros o bispo de [[Salzburgo]], San Virxilio, enviou a Carantania unha serie de monxes irlandeses destacándose San Modesto como apóstolo dos carantanios. Tras a morte do santo houbo unha breve restauración pagá debido a que o Tratado polo cal Carantania aceptara asumir o cristianismo foi violado. Así foi que o exército bávaro se introduciu no país e suprimiu o goberno pagán.