Godella: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Municipio
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 31:
En tempos da reconquista cristiá era un casal árabe dos dous que aparecen co nome de ''Godayla'' no ''Llibre do Repartiment''. [[Xaime I de Aragón|Xaime I]] doouna a ''Pere Maça'' en [[1238]], mais tamén deu terras pertencentes a dito casal a Sancho Pérez de Novailes, a Pascual Castellet e a Pedro Azlor. Pasou logo a propiedade de Sancho Tena, e a principios do século XVI, a Bartolomeu Almenar. Pasou logo a mans da familia Juliá Muñoz, e finalmente aos baróns de Santa Bárbara.
 
A expulsión dos mouriscos, en [[1609]], deixou case sen habitantes a Godella, pero foi repoboada antes que outros lugares, dada a súa proximidade á cidade de Valencia. Aínda que isto é o que afirma a historiografía tradicional, non hai documentos escritos que o sustenten. Antes ao contrario, os documentos escritos demostran que Godella era un lugar habitado por "cristiáns vellos", sen mouriscos polo menos dende finais do [[século XV]]. Se houbo despoboamento en Godella durante os inicios do [[século XVII]] debeuse a que o señor xurisdicional do lugar, Cristóbal Muñoz, levou vasallosvasalos "seus" de Godella para repoboar outros lugares.
 
==Demografía==