Diferenzas entre revisións de «Malinche»

m (Poño modelo Biografía)
 
== Traxectoria ==
Naceu quizais na clase alta da sociedade mexica. Segundo Bernal Díaz del Castillo, os pais de Malintzin eran señores e [[cacique]]s dun pobo chamado "Painala". O historiador Gómez de Orozco supón que o nome do seu pai era o que sinala como "Chimalpain", ou sexa, "Malintzin Tenepal". Este era un cacique nobre señor que casou, segundo o costume, cunha "señora de vasallosvasalos e Estados", tamén de nobre orixe, chamada "Cimatl", cacique de Xaltipa, a cal segundo se di era "nova e fermosa".
 
Foi cedida como [[Escravitude|escrava]] aos caciques [[Civilización maia|maias]] de [[Tabasco]] despois dunha [[guerra]] entre os maias e os [[aztecas]] da zona. Malintzin foi parte dun tributo cedido ao partido gañador, pois esa era a [[tradición]] entón. Foi dada como tributo sendo aínda nena, polo que falaba con fluidez a súa lingua materna, o [[náhuatl]], e a lingua dos seus novos amos, a [[lingua maia|maia]]. Segundo o relato de Díaz del Castillo, Malintzin reencontrouse coa súa nai e o seu medio irmán despois da [[conquista de México]], cando estes xa foran convertidos ao [[cristianismo]] e utilizaban os nomes de Marta (a nai) e Lázaro (medio irmán). O pai de Malintzin faleceu sendo ela aínda nena, polo que a súa nai casou co irmán do pai de Malinche e Lázaro foi froito deste matrimonio.
200.070

edicións