Diferenzas entre revisións de «Bülent Ecevit»

sen resumo de edición
Tras o golpe de estado militar do [[12 de setembro]] de 1980 dirixido polo xeneral [[Kenan Evren]] Ecevit foi encarcerado e suspendido de calquera actividade política de por vida. Un referendo en 1987 permitiu a súa volta á actividade pública e converteuse no líder do [[Partido da Esquerda Democrática]] (''Demokratik Sol Parti'') en 1989. Nas eleccións que se celebraron nos anos seguintes o partido non conseguiu entrar no Parlamento ata 1995 no que superou a barreira electoral.
 
Nas eleccións de 1999 o seu partido converteuse no primeiro do Parlamento e el foi elixido primeiro ministro dun goberno de coalición co [[Partido da Nai Patria]] de [[Mesut Yılmaz]] e o [[Partido Popular Nacionalista]] de [[Devlet Bahçeli]]. O goberno realizou reformas e estabilizou a economía turca en preparación para a apertura de negociacións coa [[Unión Europea]]. Malia iso a política económica fixo caer a súa popularidade e forzou novas eleccións en 2002, no que non foi capaz de que o seu partido entrase na Asemblea Nacional e retirouse da actividade politicapolítica.
 
{{Start box}}