Isabel Zendal: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios |
|||
Liña 20:
O 31 de xullo de 1793 naceu o seu fillo Benito. Isabel con 20 anos comezou a traballar no Hospital de Caridade da Coruña, que fora fundado por [[Teresa Herrera]], primeiro de axudante e despois de reitora. O 24 de marzo de 1800 tiña un soldo mensual de 50 [[real español|reais]] e o pago en especie dunha libra diaria de pan feito con fariña fina, de primeira peneira. Dende maio de 1801 recibiu media libra diaria de pan para o seu fillo e, dende agosto, media libra de carne ao día.
O [[30 de novembro]] de 1803 saíu dende o [[porto da Coruña]] a expedición que levaría a vacina da varíola a [[América]] con 37 persoas na [[corveta]] ''María Pita''. Isabel Zendal deixara o seu posto no hospicio para facerse cargo dos 22 nenos que levarían a vacina. A vacina debía ser levada por nenos que non tiveran padecido a varíola e pasada dun neno a outro cada 9 ou 10 días. Entre estes nenos estaba o seu propio fillo, Benito Vélez, de nove anos.
A expedición chegou a [[Santa Cruz de Tenerife]], onde pasan un mes vacinando, e saíu de [[Canarias]] o 6 de xaneiro de 1804, chegando a [[Puerto Rico]] o 9 de febreiro.
|