Gamo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
he añadido para q sea mas facil encontrar las cosas
Sen resumo de edición
Liña 28:
A cola é característica pola súa lonxitude (ata 19 centímetros) e o seu dorso escuro. O pelo vólvese máis escuro e lixeiramente agrisado no inverno, aínda que no ventre, glúteos e parte inferior das patas e a cola é branco todo o ano.
== Hábitat ==
[[Ficheiro:Gamo. Naturlandia. Sant Julià de Lòira. Andorra 237.jpg|alt=|esquerda|''Dama dama'']]
[[Ficheiro:Damhert1.jpg|276.989x276.989px|esquerda|''Dama dama'']]Esta especie prefire os bosques de folla caduca relativamente húmidos, onde se alimenta preferentemente de follas de árbores e matogueiras e en menor medida de herbas. Na antigüidade, o gamo converteuse nunha presa cobizada polos cazadores, sobre todo os pertencentes ás clases altas. Isto, paradoxalmente, contribuíu á súa conservación e introdución en varios lugares onde antes non estaba presente ou se extinguira durante a derradeira [[glaciación|era glacial]]. A maior expansión produciuse durante o [[Imperio Romano]] e a [[Idade Media]], cando a especie foi introducida na [[Centroeuropa|Europa central]], as [[Illas Británicas]] e o sur da [[Península Escandinava]] e [[Finlandia]]. Con todo, a unha especie relacionada que vivía en [[Oriente Medio]], o [[gamo persa]] (''Dama mesopotámica''), foille considerablemente peor, e chegou a crerse extinta ata que se redescubriron unhas cantas cabezas nunha rexión afastada do sueste de [[Irán]]. Os gamos europeos adoitan ser habitantes habituais dos parques e xardíns de varios países, onde se crían con fins ornamentais.
 
Ao contrario que outros cérvidos do seu tamaño, non forma mandas senón que vive en grupos familiares de menos de 10 individuos, ou ben leva unha vida solitaria. Un macho únese a un destes grupos durante a época de celo, normalmente en [[outubro]]. En [[xuño]] as femias preñadas paren unha cría, de cando en cando dúas ou ata tres.