Papiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo lusismos
Liña 1:
<br />
''Este artigo trata sobre o material de escritura, para a planta véxase o artigo: '''[[Papiro (planta)]]'''.''
[[Ficheiro:Egypt.Papyrus.01.jpg|miniatura|dereita|260px|Papiro [[Antigo Exipto|exipcio]] propiedade do Museo Exipcio do [[O Cairo|Cairo]] que mostra ao deus [[Osiris (deus)|Osiris]] pesando o corazón]]
 
'''Papiro''' (do latín ''papyrus '', e este do grego ''πάπυρος'') é o nome que recibe o soporte de escritura elaborado a partir dunha [[planta acuática]], moi común no río [[Nilo]], en [[Exipto]], e nalgúns lugares da [[conca mediterránea]], unha [[planta acuática|herba palustre]] da [[familia (bioloxía)|familia]] das [[Cyperaceae|ciperáceas]], o '''''[[Cyperus papyrus]]'''''.
 
O ''Cyperus papyrus''papiro é unha planta nativa de África da mesma familia da Tiririca (''Cyperus rotundus''), que é a planta daniña máis difundida do mundo, segundo o [[Libro Guiness]]. Na época antiga considerábase sagrada e fartamente encontrada no [[delta do Nilo]]. Era utilizada principalmente na produción de [[papel]] no [[Antigo Exipto]].
 
O [[talo]] do papiro pode atinxir até 6 metros de comprimento. A [[flor]] da planta lembra os raios do [[sol]] e é por ter esta analoxía co sol, [[deus|divindade]] máxima dese pobo, que o papiro era considerado sagrado. O miolo do talo utilizábase para facer papiros, e a casca, moi resistente despois de seca, na confección de cestos, camas e até [[barco]]s.
[[Ficheiro:Cyperus papyrus6.jpg|miniatura|Papiro]]
 
== Confección do papiro ==
Foi sobre os 2200 anos antes de [[Cristo]] que os exipcios desenvolveron a técnica do papiro, unha especie de [[pergamiño]] e un dos máis vellos antepasados do papel. Para confeccionar o papiro, córtase o miolo abrancazado e poroso do talo en finas láminas. Despois de secas, estas láminas mergúllanse en [[auga]] con [[vinagre]] para permaneceren alí durante seis días, co propósito de eliminar o [[azucre]]. Outra vez secas, as láminas son colocadas en fileiras horizontais e verticais, sobrepostas unhas ás outras. A secuencia do proceso esixe que as láminas sexan colocadas entre dous pedazos de [[tea|tecido]] de [[algodón]], por riba e por baixo, e despois prensadas durante seis días. Co peso da prensa as finas láminas mestúranse homoxeneamente para formar un papel amarelado, listo para ser usado. O papel preparado era, entón, enrolado nunha vareta de madeira ou marfil para formar o rolo que sería usado na escrita.
 
*{{Control de autoridades}}
== Legado do papiro ==
Moito da Historia do Egipto foi legada á posteridade grazas aos rolos de papiro encontrados nos túmulos de nobres e de [[faraón]]s.
 
Debido ao gran número de papiros encontrados, utilizáronse diversos esquemas de clasificación para poder identificalos:
 
* Pola persoa que posuía o manuscrito (por exemplo ''Chester Beatty'')
* Polo lugar de orixe (por exemplo ''Oxyrhynchus'')
* Pola biblioteca onde se conservan (por exemplo ''Rylande Libr.'')
 
Aos papiros outórgaselles unha numeración para facilitar a súa identificación nos labores de referencia.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Materiais de escrita]]
* [[Papiro (planta)]]
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Antigo Exipto]]