Xavier Zubiri: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 4:
''Xavier Zubiri Apalategui'' naceu en [[San Sebastián]] o [[4 de decembro]] de [[1898]]. Fixo os estudos secundarios na súa cidade natal até 1915, trasladándose a [[Madrid]] para ingresar no Seminario Conciliar desa cidade de Madrid, onde tivo por profesor de Filosofía ao seu paisano [[Juan Zaragüeta]]. Comezará estudos na [[Universidade Central]] na Facultade de Filosofía e Letras onde segue leccións, entre outros, de [[José Ortega y Gasset]] e [[Javier García Morente]].
 
=== Lovaina e Roma ===
Entre 1920 e 1921, Zubiri trasládase a [[Lovaina]] para proseguir os seus estudos filosóficos. Mentres, nun intervalo, en novembro de 1920, apresentou en [[Roma]] na [[Universidade Pontificia]] a tese de doutorado en [[Teoloxía]]. En Lovaina trabou os primeiros contactos con a [[fenomenoloxía]], de modo que Zubiri apresentará a súa tesiña en Lovaina sobre ese campo (''Le problème de le objectivité d'après Edmund Husserl. I: La logique pure'': ''O problema da obxectividade segundo Edmund, I: A lóxica pura''). Antes de acabar o curso normal de 1921, en maio, Zubiri leu a súa tese doutoral, ''Ensayo de una teoría fenomenológica del juicio'', na Universidade Central madrileña, que lle fora dirixida por Ortega. Aínda nese mesmo ano sería ordeado sacerdote.
 
Liña 15:
Zubiri faleceu en [[Madrid]] o [[21 de setembro]] de [[1983]].
 
== A filosofía de Zubiri ==
 
Talvez o principal achado de Zubiri é a creación dun enteiro sistema [[Metafísica|meafísico]] que enraíza na súa visión do ser humano como unha "intelixencia sentinte" situada na realidade. Neste sistema, o ser humano é "relegado" polo "poder do real", de xeito que a súa realidade persoal está intimamente conectada con entes situados nun contexto real. Ao tempo, o ser humano pode ser considerado o autor do seu propio ser persoal (o seu "Eu"), através da apropiación pola experiencia e polo exercicio da liberdade persoal dentro dun contexto real, de modo que Zubiri pode referirse ao ser humano como "animal de realidades". A apertura do ser humano ante as posibilidades é o que fai do ser humano unha "esencia aberta", conceito quese opón a "esencia pechada" (é dicer, unha estructura que simplemente obra segundo regras de funcionalidade).
== Obra (Selección) ==
* ''Ensayo de una teoría fenomenológica del juicio'' (1923)
Liña 33 ⟶ 37:
* ''Respectividad de lo real'' [1979]
* ''Inteligencia y Realidad'' (1980)
* ''Inteligencia y Logos'' (1982)
* ''Inteligencia y Razón'' (1983)