Despotismo hidráulico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Bibliografía: +control autoridades using AWB
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 10:
Para Marx a comunidade mesma representa a primeira gran forza produtiva. As condicións obxectivas impuxeron a unidade das comunidades para empresas comúns como as canalizacións de auga, as vías de comunicación e intercambio ou a guerra para asegurar un territorio para a subsistencia. Esta unidade na medida na que se perpetuou fíxose indispensable, apareceu distinta e por riba das moitas comunidades, converténdose como tal no verdadeiro propietario de todo. A unidade suprema rematou encarnada no ''déspota'' ([[faraón]], [[emperador]], [[tsar]], [[inca]], [[rei]]), gran pai de numerosas comunidades, ao que se liga dunha ou outro xeito á [[divindade]]. Entón a unidade suprema sistematiza a apropiación do plusproduto, que toma a forma de tributo ou de traballos colectivos para o déspota e a elite.
 
Este sistema chegou á súa "perfección" e expansión instaurado por ''centros soberanos'' tras sucesivas guerras e conquistas, tanto en Asia, como no [[antigo Exipto]], [[México]] ou o [[Perú]]. John V. Murra (1955) estudou ''a organización económica do estado Inca'', como un caso desenvolvido e eficiente de despotismo comunal, anotando non soamente a relación coas formas asiáticas, senón coas economías e estruturas de poder africanas [[ashanti]], [[ruanda]], [[dahomey]] ou [[Pobo yoruba|yoruba]] e aínda coas [[hawai]]anas. Destaca por exemplo o descubrimento do parecido entre a ''dopkwe'' dahomeiana e a ''mita'' incaica (aproveitada logo polos conquistadores españois).
 
[[Maurice Godelier]] (1966), Jean Chesneaux (1969) e [[Roger Bartra]], encargáronse de sistematizar os estudos de caso e a teoría respecto diso, dentro do concepto de [[modo de produción asiático]], que para universalizar algúns chamaron ''despotismo comunal''. Hermes Tovar (1974) a partir do estudo da sociedade [[pobo muisca|muisca]] desenvolveu para determinadas formacións sociais [[amerindio|indíxenas americanas]] o concepto de ''modo de produción precolombiano''.