Abrir o menú principal

Cambios

Ligazón interna a artigo novo.
{{Artigo principal|Sólido (moeda)}}
{{Artigo principal|Nomisma}}
Cuñado por primeira vez no [[Casa de moeda|obradoiro monetario]] de [[Tréveris|Trier]] cara a [[310]], o sólido foi unha moeda de ouro creada por Constantino I ([[306]]-[[337]]) para financiar o seu [[exército]], en substitución do [[áureo]]'', ''que fora ata entón a moeda de ouro do Imperio''.''<ref>"[http://www.sacra-moneta.com/Numismatique-romaine/Les-monnaies-d-or-romaines.html <span style="background-color: rgb(255, 145, 145);" title="a, é correcto cando é a nota musical, o pelo da ovella, o fío, o tecido">La</span> création du Solidus par Constantin]". En ''Les monnaies d'or romaines. www.sacra-moneta.com''</ref><ref>Jarpagon (2007). Páxina 325.</ref> A finais do século IV equivalía a 1/72 [[Libra (masa)|libra]], cunha pureza de 24 [[quilate]]s de ouro e un peso 4,5 [[gramo]]s. Coa nova denominación de nomisma, permaneceu como base do sistema monetario bizantino durante dez séculos e, mesmo, mantivo a súa vixencia durante un longo tempo de no [[norte de África]] e nos [[Conca do Mediterráneo|países da conca Mediterránea]].<ref>Morrisson (2004). Páxina 218.</ref><ref>"Glosario de unidades monetarias: Sólido". En Pita Fernández, Ricardo Luís. ''Numismática galega. A moeda en Galicia e Galicia na moeda''. Santiago de Compostela, 1999. ISBN 84-605-9958-2</ref><ref>Alfaro AsínsAsins, C. et al. (2009). "Sólido". En ''[http://studylib.es/doc/5930224/diccionario-de-numism%C3%A1tica Diccionario de numismática]''. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7</ref>
 
Durante os [[Século VI|séculos VI]] e [[Século VII|VII]], emitiuse unha serie de sólidos cun peso rebaixado de arredor de 3,96 gramos e cunha marca particular, cuxo propósito hoxe se descoñece. Xa no período de [[Teodosio I]] ([[379]]-[[395]]), a creación do medio sólido, denominado'' [[semissis]]'', e especialmente do terzo de sólido ou ''[[tremissis]]'' (1,5 gramos de ouro), este último cuñado en grandes cantidades, converteu a moeda de ouro en máis accesible para a poboación e aumentou a súa difusión nos circuítos económicos.<ref>Alfaro AsínsAsins, C. et al. (2009). "Tremissis" e "Semissis".</ref> Estas dúas novas moedas continuaron a súa produción en Constantinopla ata o período de [[Miguel I Rangabé|Miguel I]] ([[811]]-[[813]]), e en [[Siracusa]], ata o imperio de [[Basilio I]] ([[867]]-[[886]]).<ref>Petit (1974). Páxina 671.</ref>
 
[[Nicéforo II|Nicéforo II Phocas]] ([[963]]-[[969]]) emprendeu numerosas campañas contra os [[Árabes]] e, para as financiar, creou unha nova variedade do nomisma,denominda ''[[Tetarteron|tetarteron nomisma]]'', que se utilizaba nas transaccións comerciais á par que o nomisma tradicional, aínda que 1/12 máis lixeiro.<ref>Treadgold (1997). Páxina 503.</ref><ref>Hendy (1985). Páxina 507.</ref> Para distinguir as dúas variedades, pasou a denominarse ''[[Nomisma|histamenon nomisma]]'' ao nomisma estándar. Algúns [[Investigación|investigadores]] [[Numismática|numismáticos]] teñen apuntado a posibilidade de que esta redución lle conferise ao nomisma un peso semellante ao do [[dinar]] fatimida, para facilitar o seu uso no comercio internacional. O ''tetarteron'' foi usado ata [[1092]], cando foi substituído por unha moeda de [[cobre]] do mesmo nome que circulou ata mediados do século XIII.<ref>Alfaro AsínsAsins, C. et al. (2009). "Nomisma (2)", "Nomisma histamenon" e "Nomisma tetarteron".</ref>
 
Se o nomisma "pesado" e o nomisma "lixeiro" tiñan nos seus inicios unha mema aparencia, baixo [[Basilio II]] ([[976]]-[[1025]]) caracterizaron na súa forma as súas diferenzas: mentres que o ''tetarteron nomisma'' pasou a ter un tamaño menor, o ''histamenon nomisma'' fíxose máis grande e máis groso. Baixo o [[Lista de emperadores bizantinos|emperador]] [[Constantino VII]] ([[1025]]-[[1028]]) ampliáronse as diferenzas: o tetarteron pasou a ter un diámetro de 18 [[mm]] e un peso de 3,98 gramos, mentres que o ''histamenon'' alcanzou un diámetro de 25&nbsp;mm e adquiriu unha forma cóncava, denominada "[[scyphate]]" (o nomisma orixinal, previo á diferenciación, tiña un diámetro de 20&nbsp;mm). Esta peculiar forma foi ampliada posteriormente ás moedas bizantinas de [[electro]] ([[aliaxe]] de ouro e prata) e de [[Billón (aliaxe)|billón]] (aliaxe de prata e cobre). Ata o comezo do [[século XI]], o nomisma (tanto o ''histamenon'' coma o ''tetarteron'') mantivo unha pureza case uniforme, cun contido de ouro de entre 23 e 23,5 quilates. A partir do emperador [[Miguel IV]] ([[1034]]-[[1041]]), nado nunha familia de cambistas en [[Paflagonia]] (e que exerceu este oficio antes de casar coa emperatriz [[Zoe]]), houbo unha desvalorización progresiva da moeda bizantino, debida á diminución do seu contido en ouro.<ref>Kazhdan (1991). "Michael IV Paphlagon". Páxina 1.365.</ref> Dunha pureza de 21 quilates (87,5 % de pureza) con [[Constantino IX]] ([[1042]]-[[1055]]), baixou a 18 quilates (75 % de pureza) con [[Constantino X Ducas|Constantino X]] ([[1059]]-[[1067]]), a 16 quilates (66,7% de pureza) con [[Romano IV Dióxenes|Romano IV]] ([[1068]]-[[1071]]), a 14 quilates (58 % de pureza) con [[Miguel VII Ducas|Miguel VII]] ([[1071]]-[[1078]]), a 8 quilates (pureza do 33 %) baixo [[Nicéforo III]] ([[1078]]-[[1081]]) e preto de 0 quilates durante a primeira parte do reinado de [[Aleixo I Comneno|Aleixo I]] ([[1081]]-[[1118]]).
{{Artigo principal|Hyperpyron}}
[[Ficheiro:Hyperryron-Manuel I-sb1965.jpg|dereita|miniatura|[[Hyperpyron]] de [[Manuel I Comneno]], cuñado nun disco cóncavo ("[[scyphate]]")]]
Durante a segunda parte do seu reinado, Aleixo I procedeu a unha reforma radical do sistema monetario. O nomisma desaparece nas súas dúas variedades (''histamenon'' e ''tetarteron'') e substitúese por unha nova moeda de ouro, o hyperpyron, cunha pureza do 90 %, un peso de 4,45 gramos e un diámetro lixeiramente menor co do vello nomisma.<ref>Alfaro AsínsAsins, C. et al. (2009). "Hyperpyron".</ref>
 
O hyperpyron permaneceu en circulación ata a caída de Constantinopla en 1453. Con todo, desvalorizouse significativamente ata que, no reinado conxunto de Xoán V ([[1347]]-[[1353]]) e [[Xoán VI Cantacuzeno|Xoán VI]] ([[1347]]-[[1353]]), deixou de ser cuñado.<ref>Sear (1987). Nº 2.526.</ref><ref>Sommer (2010). Nº 84,1.</ref>
=== A siliqua ===
{{Artigo principal|Siliqua}}
A [[siliqua]] (lat. ''siliqua'') foi unha pequena moeda romana de prata cuxa cuñaxe comezou no [[século IV]] da nosa era.<ref>"[http://archive.wikiwix.com/cache/?url=http%3A%2F%2Fwww.sacra-moneta.com%2FNumismatique-romaine%2FLa-silique-une-monnaie-romaine-en-argent-du-IVeme-siecle.html <span style="background-color: rgb(255, 145, 145);" title="a, é correcto cando é a nota musical, o pelo da ovella, o fío, o tecido">La</span> silique, une monnaie romaine en argent du IV<sup>me</sup> siecle]". En ''Sacra-moneta.com''</ref> Creada baixo o reinado de [[Constantino I]] para reestruturar un [[Reforma monetaria de Augusto|sistema monetario que databa de Augusto]], o siliqua, que recibiu o nome de ''[[keration]]'' (plural ''keratia'') no Imperio Bizantino, tiña un peso de 2,24 gramos de prata, a metado do sólido de ouro.<ref>Alfaro AsínsAsins, C. et al. (2009). "Silicua".</ref>
 
=== O hexagrama ===
{{Artigo principal|Hexagrama (moeda)}}
O emperador [[Heraclio]] ([[610]]-641) fixo bater en [[615]] unha moeda de prata chamada [[hexagrama (moeda)|hexagrama]] (grego: ''ἑξάγραμμα, hexagramma'') para atender as necesidades da súa [[guerra]] contra o [[Imperio Sasánida]]. Con este fin, utilizou pratos e bandexas de prata confiscados en igrexas. Cun peso de 6,84 gramos, valía  1/12 de sólido de ouro, e chegou as ser utilizado baixo o seu sucesor, [[Constante II]], pero foi gradualmente eliminado da circulación a partir de [[Constantino IV]] ([[668]]-[[685]]).<ref>Alfaro AsínsAsins, C. et al. (2009). "Hexagrama".</ref><ref>Grierson (1999). Páxina 13.</ref><ref>Kazhdan (1991). "Hexagram". Vol. 1. Páxina 927.</ref>
 
=== O miliaresion ===
{{Artigo principal|Miliaresion}}
Baixo [[León III, Emperador|León III]] ([[717]]-[[741]]) apareceu unha nova moeda de prata chamada [[miliaresion]], chamada así porque nos seus inicios tiña o valor de 1.000 nummi de cobre.<ref>Alfaro AsínsAsins, C. et al. (2009). "Miliaresion".</ref> Foi emitida para celebrar a coroación do seu fillo Constantino como co-emperador en [[720]]. Estas pezas estaban cuñadas sobre dirhams árabes e valían 1/12 de nomisma.<ref>Treadgold (1997). Páxina 340.</ref>
 
=== O aspron ===
{{Artigo principal|Aspron}}
A reforma de Aleixo I, caracterizada pola introdución do hyperpyron, trouxo tamén unha moeda de [[electro]] denominada aspron ou ''aspron trachy'', que valía un terzo do hyperpyron e contaba con aproximadamente un 25 % de ouro e un 75 % de prata. Paralelamente, emitiuse o aspron de [[Billón (aliaxe)|billón]], valorado na corentaeoitoava parte do hyperpyron, cun 7 % de prata, e o tetarteron de cobre e o [[Nummus|noummion]], con valores de 18 e 36 unidades, respectivamente, en cada aspron.<ref>Alfaro AsínsAsins, C. et al. (2009). "Aspron trachy".</ref>
 
=== O basilikon ===
{{Artigo principal|Basilikon}}
O basilikon foi introducido no sistema monetario cara a [[1304]] ou [[1307]] polo [[Lista de emperadores bizantinos|emperador]] [[Andrónico II Paleólogo]] ([[1282]]-[[1328]]), como unha imitación directa do ducado [[veneciano]] de prata (ou ''grosso'') principalmente para o pagamento aos [[mercenario]]s da Compañía Catalá nas campañas contra os [[Imperio Otomán|turcos]].<ref>Alfaro AsínsAsins, C. et al. (2009). "Basilicón".</ref>
 
O basilikon era de prata de gran pureza (920 milésimas), cuñado nun disco plano e non cóncavo, como no caso doutras moedas bizantinas. O seu peso oficial era de 2,2 gramos e o seu valor era o da doceava parte do hyperpyron , moeda que funcionaba como padrón para as equivalencias de todas as moedas de prata bizantinas, desde o hexagrama ao miliaresion. No entanto, a equivalencia real no mercado era inferior e flutuou en función da variación do prezo da prata (entre 12 e 15 pezas por cada hyperpyron).<ref>"<span style="background-color: rgb(255, 145, 145);" title="a, é correcto cando é a nota musical, o pelo da ovella, o fío, o tecido">La</span> monnaie au XIV<sup>e</sup> et au XV<sup>e</sup> siècle: hyperpère, basilikon et stavraton". En Morrison, C. et al. ''[http://www.exultet.net/eshop/media/ebooks_samples/L000500-01s.pdf Byzance et sa monnaie (IV<sup>e</sup>-XV<sup>e</sup> siècle)]''. Lethielleux. 2015.</ref><ref>Hendy (1985). Páxinas 533-634.</ref> Coñécese tamén a cuñaxe de moedas de medio basilikon.<ref>Kazhdan (1991). Páxina 267.</ref>
=== O stavraton ===
{{Artigo principal|Stavraton}}
Durante a derradeira etapa da moeda do Imperio Bizantino, as emisións en ouro volvéronse moi descontinuas e, a partir dunha nova reforma do sistema monetario que tivo lugar en [[1367]], baixo [[Xoán V Paleólogo]], apareceu unha nova moeda de prata cunha emisión regular, chamada [[stavraton]], en substitución do anterior basilikon, da que se cuñou a unidade, a metade, un oitavo e un dezaseisavo. Esta moeda era no seu momento a de máis valor do sistema, cun valor da metade do hyperpyron, cando este xa non estaba en circulación. O peso inicial do stavraton era de 8,5 gramos, aínda que máis tarde baixou a 7,4 gramos.<ref>Hendy (1985). Páxina 540.</ref><ref>Kazhdan (1991). Páxinas 965 e 1.946.</ref><ref>Grierson (1999). Páxinas 16, 17 e 45.</ref><ref>Alfaro AsínsAsins, C. et al. (2009). "Stauraton".</ref>
 
== Sistema de bronce ==
{{Artigo principal|Follis}}
[[Ficheiro:40_Nummi_Anastasios_I._(491_-_518)_17,50g_gepraegt_512_-_517.jpg|miniatura|esquerda|Moeda de 40 [[nummus]] (K) de [[Anastasio I, Emperador|Anastasio I]], cuñado entre [[512]] e [[517]]]]
Cara a [[294]], durante a [[tetrarquía]], apareceu unha nova moeda de bronce: o ''[[nummus]]'' (plural ''nummi''). Tratábase dunha pequena peza cun diámetro de entre 8 e 10&nbsp;mm, e cun peso de 0,56 g, dotada dun valor teórico de 1⁄7200 sólidos de ouro, aínda que na realidade oscilou entre 1⁄6000 e 1⁄12000, segundo a época.<ref>Kazhdan (1991). "Nummus". Vol. 3. Páxina 1.504.</ref><ref>Alfaro AsínsAsins, C. et al. (2009). "Nummus (2)".</ref>
 
Aínda que cumpría unha moeda para as transaccións máis cotiás, o seu escaso valor fixo, no entanto, que o nummus tivese pouco uso. Así as cousas, o emperador Anastasio I, coa reforma, interrompeu a circulación das pezas dun nummus e introduciu múltiplos con denominacións de corenta unidades (tamén coñecido como o ''[[follis]]''), de vinte (''semifollis'') e de dez (''decanummium, δεκανούμμιον''). O seu valor estaba representado polo numeral grego<span> </span>: M = 40; K = 20; I = 10; E = 5.<ref>Grierson (1999). Páxinas 17-18.</ref>
=== Bibliografía ===
 
*[[Carmen Alfaro Asins|Alfaro Asins, C]]. et al. ''[http://studylib.es/doc/5930224/diccionario-de-numism%C3%A1tica Diccionario de numismática]''. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7
* Banning, E. "Byzantine Coins Led Way in Using Christ’s Image". En ''The Globe and Mail'', 18 de abril de 1987.
*[[Philip Grierson|Grierson, P]]. ''Byzantine Coins''. Methuen. Londres, 1982. ISBN 978-0-416-71360-2
* Grierson, P. ''Byzantine coinage''. Dumbarton Oaks. 1999. ISBN 978-0-88402-274-9
14.751

edicións