Estación do Porriño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta10ehf1)
Liña 25:
A estación foi inaugurada o [[17 de marzo]] de [[1878]] coa apertura do tramo [[Guillarei, Tui|Guillarei]]-[[Vigo]] da liña que pretendía unir [[Vigo]] con [[Monforte de Lemos]].<ref name="A"/> A compañía encargada das obras foi [[MZOV]]. O enxeñeiro [[Francisco Javier Boguerín]] clasificouna como de terceira categoría. Nos primeiros anos houbo unha construción provisional de madeira. O edificio foi construído entre marzo de 1889 e xaneiro de 1890.
 
En [[1928]], os graves problemas económicos que sufrían as empresas que xestionaban as liñas férreas do oeste español levaron ao estado á nacionalización das mesmas e á súa agrupación na [[Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste]].<ref name="A">[http://www.spanishrailway.com/2012/03/05/medina-del-campo-a-zamora-y-orense-a-vigo-mzov Medina del Campo a Zamora y Orense a Vigo - MZOV] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20160329083129/http://www.spanishrailway.com/2012/03/05/medina-del-campo-a-zamora-y-orense-a-vigo-mzov/ |date=29 de marzo de 2016 }} Spanishrailway</ref> En [[1941]], Oeste integraríase como o resto de compañías ferroviarias españolas en [[RENFE]]. Desde o [[31 de decembro]] de [[2004]] [[Renfe Operadora]] explota a liña mentres que [[Adif]] é a titular das instalacións ferroviarias.
 
O [[9 de setembro]] de [[2016]] tivo lugar na entrada da estación o [[accidente ferroviario do Porriño]]. Unha unidade ''420'' de [[Comboios de Portugal]] que se dirixía de [[Vigo]] a [[Porto, Portugal|Porto]] descarrilou ás 9:25 da mañá, e provocou a morte de 4 persoas e máis de 40 feridas.<ref>{{Cita novas|título=Tres mortos e varios feridos ao descarrilar un tren de pasaxeiros en O Porriño|xornal=Europa Press|data=9 de setembro de 2016|url=http://www.europapress.es/galego/noticia-tres-mortos-varios-feridos-ao-descarrilar-tren-pasaxeiros-porrino-20160909111952.html}}</ref>