Abrir o menú principal

Cambios

Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta10ehf1)
A domesticación non é só unha modificación dos tarzos físicos dunha especie, senón tamén do seu comportamento. Esta evolución consiste en primeiro lugar nun carácter menos fero ou salvaxe, unha tolerancia ou unha familiaridade máis marcada cara os humanos, e a mitigación dos comportamentos potencialmente perigosos para o home. Tamén é unha adaptación ás condicións de cría, e polo tanto ós grupos importantes e a promiscuidade, que poden ser mal tolerados polos conxéneres salvaxes.
 
O [[etoloxía|etólogo]] [[Konrad Lorenz]] describiu notablemente a domesticación como un empobrecemento dos comportamentos sociais especializados en prol da hipertrofia das necesidades básicas, como a reprodución e a alimentación.<ref>Autobiografía de Konrad Lorenz, publicada en ''Les Prix Nobel en 1973'', editor Wilhelm Odelberg, Nobel Foundation, Estocolmo, 1974 ([http://nobelprize.org/medicine/laureates/1973/lorenz-autobio.html Versión en liña] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20080708224655/http://nobelprize.org/medicine/laureates/1973/lorenz-autobio.html |date=08 de xullo de 2008 }}). (en inglés)</ref> En efecto, o comportamento social en xeral semella máis variado nos animais salvaxes que nos seus conxéneres domesticados.<ref name=GJ>[http://cat.inist.fr/?aModele=afficheN&cpsidt=15782417 Domestication et comportement] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20150722113037/http://cat.inist.fr/?aModele=afficheN&cpsidt=15782417 |date=22 de xullo de 2015 }} de Jacques Goldberg, Bulletin de la Société zoologique de France, 2003, vol. 128, no. 4, páx. 89</ref>
 
No caso do can, a evolución comportamental semella moito máis radical e non se pode reducir á perda do carácter fero ou salvaxe. A capacidade dos cadelos de interpretar os sinais de comunicación humanos é superior á dos [[lobo]]s e dos [[primate]]s.<ref>[http://bio.univet.hu/Salve/00news/cogni/ns-cogn-00-03-dog_cogn.html ''Mind of a dog''] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20061005080232/http://bio.univet.hu/SALVE/00news/cogni/ns-cogn-00-03-dog_cogn.html |date=05 de outubro de 2006 }}, ''New Scientist magazine'', 26 febreiro 2000 (en inglés).</ref> Xa que en parte poden ser o resultado dunha educación o adestramento, o agarimo que ten un can cara o seu mestre e a tendencia a obedecelo son caracteres innatos xurdidos da domesticación.
100.081

edicións