El Caracol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
'''El Caracol''' ou '''Caracol''' é o nome dado a un [[Sitio arqueolóxico|sitio arqueolóxico]] [[Civilización maia|maia]] de grandes dimensións, localizado no distrito de Cayo, en [[Belize]]. Atópase a uns 40 km ó sur de [[Xunantunich]] e [[San Ignacio Cayo]], a unha altitude de 460 m, preto dos [[montes Maia]].<ref name="A. and D. 1987">Arlen Chase and Diane Chase, 1987 Investigations at the Classic Maya City of Caracol, Belize: 1985-1987. Pre-Columbian Art Research Institute, San Francisco.</ref> O antigo nome maia deste lugar puido ser ''Oxhuitza.''
 
El Caracol foi ocupada dende [[II milenio a. C.|1200 a. C.]], mais o seu período de maior expansión construtiva corresponde ó período clásico maia,<ref name="D. and A. 1995">Diane Chase and Arlen Chase 1995 Changing Perspectives on Caracol, Belize: Long-Term Archaeological Research and the Northeast Sector Settlement Program. Paper prepared for the 1st International Symposium of Maya Archaeology, San Ignacio, Cayo, Belize. May 29 - June 2, 1995</ref> con máis de 40 monumentos datados entre [[485]] e [[889]] que rexistran a secuencia dinástica dos seus gobernantes.
 
A antiga Caracol foi unha das maiores cidades maias, cubrindo uns 168 km²,<ref name="A. and D. 2009">Arlen Chase and Diane Chase 2009 Interpreting the Maya “Collapse”: Continued Investigation of Residential Complexes in and near Caracol’s Epicenter: 2009 Field Report of the Caracol Archaeological Project. http://caracol.org/reports/2009.php, consultado o 20 de novembro de 2011</ref> cunha poboación máxima estimada entre os 120&nbsp;000 e os 180&nbsp;000 habitantes.<ref>{{cita web |título=History: Site Overview |url=http://www.caracol.org/about/history.php |dataacceso=7 de marzo de 2011 |deadurl=yes |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20110401113645/http://www.caracol.org/about/history.php |dataarquivo=1 de abril de 2011 |df= }}</ref> Un dos monumentos rexistra unha vitoria militar sobre o exército de [[Tikal]] en [[562]].