Lope de Vega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 5070805 de O XESUS· (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 5070791 de Pacobreamo4 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 37:
}}
 
'''Félix ChopeLope de Vega Carpio''', nado en [[Madrid]] o [[25 de novembro]] de [[1562]] e finado o [[27 de agosto]] de [[1635]],<ref name="crono">{{Cita web|url=http://bib.cervantesvirtual.com/bib_autor/Lope/cronologia.shtml|título=Biblioteca de autor - Lope de Vega - Cronología|dataacceso=25 de xuño do 2017|autor=Taller Digital|data= 1988|idioma=es|páxina-web=bib.cervantesvirtual.com|editorial=}}</ref> foi un [[escritor]] [[España|español]], considerado un dos máis importantes [[Poesía|poetas]] e [[dramaturgo]]s do [[Século de Ouro]]. Pola extensión da súa obra pódeselle considerar coma un dos autores máis prolíficos da literatura universal.
 
O chamado ''Fénix dos enxeños'', ''Poeta do ceo e da terra''<ref>Chegouse a crear na súa época un [[credo]] paródico blasfemo que empezaba: «Creo en Lope de Vega todopoderoso, poeta do ceo e da terra...», ata que foi prohibido pola inquisición toledana en 1647.</ref> e ''Monstro da Natureza'' (por [[Miguel de Cervantes]]) renovou as fórmulas do teatro español nun momento no que o teatro comezaba a ser un fenómeno cultural de masas. Máximo expoñente, xunto a [[Tirso de Molina]] e [[Calderón da Barca]], do teatro [[Teatro barroco|barroco]] español, as súas obras seguen representándose na actualidade e constitúen unha das máis altas cotas alcanzadas na literatura e as artes españolas. Foi tamén un dos grandes [[Lírica|líricos]] da [[Idioma español|lingua castelá]] e autor de varias novelas e obras narrativas longas en prosa e en verso.