Club Baloncesto Breogán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil Edición desde aplicación Android
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta10ehf1)
Liña 155:
=== 50 Aniversario ===
[[Ficheiro:Ascenso Breogán Praza Pública.jpg|miniatura|O xogador lucense [[Sergi Quintela]] arrinca a rede dunha canastra sobre os ombros de [[Salva Arco]] ao remate do encontro no que o Breogán acadou o ascenso á ACB en 2018.]]
Tras o fracaso deportivo da temporada 2015-16 e a saída do accionarado do club da [[Deputación de Lugo]] o verán de 2016 foi moi convulso. Finalmente, [[Jesús Lázare]] faise cargo da presidencia do club, tendo como primeira misión a reconstrución dun club que non contaba con ningún xogador.<ref>[{{Cita web |url=http://www.crtvg.es/informativos/suso-lazare-novo-presidente-do-breogan-2304392 |título=Suso Lázare, novo presidente do Breogán] |data-acceso=28 de outubro de 2016 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20161028220058/http://www.crtvg.es/informativos/suso-lazare-novo-presidente-do-breogan-2304392 |dataarquivo=28 de outubro de 2016 |urlmorta=si }}</ref> Tras a despedida do banco celeste [[Lisardo Gómez]] a mediados da temporada anterior, sendo substituído polo seu axudante [[Quique Fraga]], a primeira incorporación do club foi o adestrador [[Natxo Lezkano]]. Sen apenas tempo para facer pretemporada, o club comeza a incorporar xogadores, non ficando pechado o cadro de xogadores até o [[20 de outubro]] coas chegadas de [[Jorge Romero]], para suplir a baixa dun lesionado [[Salva Arco]], e do estadounidense [[Matt Stainbrook]]. Pese a todas as dificultades, o club comeza gañando os catro primeiros partidos de competición. De feito, o equipo consegue a maior vitoria da historia da LEB ao gañar por 50-113 (63 puntos de diferenza) ao [[Cáceres Ciudad del Baloncesto|Cáceres]].<ref>[http://www.feb.es/2016/10/14/baloncesto/cafes-candelas-breogan-firma-mayor-triunfo-historia/67062.aspx Cafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historia]</ref> A tempada transcorreu con altibaixos pero co tempo o equipo acadou unha boa regularidade rematando en segundo posto a liga regular. Porén chegou aos playoffs acusando o cansazo e tras eliminar ao Palma en cuartos de final en cinco partidos caeu despois en semifinales claramente contra o Burgos por 3-0.
 
Á marxe do plano puramente deportivo, durante a tempada 2016-17 o Breogán festexou o 50 aniversario da súa fundación en 1966. Como parte desta efeméride rendeu homenaxe en cada un dos partidos que disputa na casa a unha persoa ou colectivo dos que foron clave durante este medio século de historia.<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2016/10/06/breogan-realizara-17-homenajes-cincuenta-aniversario/00031475774225775921865.htm El Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario]</ref> A lista de homenaxeados foi a seguinte: