Xustiza distributiva: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Arranxos
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 28:
O prioritarismo é unha forma de consecuencialismo agregado que nos indica que unha situación será tanto máis xusta ou beneficiosa na medida na que se consigan satisfacer as necesidades de todo o mundo, priorizando aqueles que se atopen en situacións máis desvantaxosas.
 
Á diferenza do maximin proposto por John Rawls, o prioritarismo non ten soamente en consideración o benestar dos membros máis desfavorecidos, senón que os prioriza de cara a conseguir un maior benestar xeral. Este benestar xeral, non obstante, é valioso na medida na que beneficia os máis desfavorecidos, e non na medida na que dá lugar a ununha repartorepartición máis equitativo dos recursos, como sería o caso do utilitarismo.
 
O prioritarismo en ocasións é criticado pola súa arbitrariedade, xa que establecer que hai que priorizar os desfavorecidos non implica nin trae consigo ningún tipo de criterio que nos permita esclarecer en que medida, cantidade ou proporción debemos realizar esa priorización, correndo o risco de caer en inexactitudes ou neglixencias.