Xustiza distributiva: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
formaro
→‎Tipos de normas distributivas: poñer en negriña os artigos determinantes
Liña 9:
== Tipos de normas distributivas ==
 
* '''O''' '''[[utilitarismo]]'''
 
O utilitarismo é un tipo de teoría agregacionista consecuencialista sobre a distribución. Chámase así porque estas correntes defenden que o criterio para saber cal das dúas situacións é mellor é aquela na que hai maior valor global. Isto quere dicir que se todo o valor posible no mundo o tivera unha persoa sería mellor que calquera situación na que houbese menos valor global.
Liña 17:
A esta teoría da distribución obxectóuselle que, para ela, o benestar dun individuo non vale tanto ou igual que o benestar do resto de persoas. Outras destas críticas é a de John Rawls, que entende que o utilitarismo daría lugar a todo tipo de discriminacións.
 
* O '''O igualitarismo'''
 
Para as persoas que defenden o igualitarismo, o importante é obter a mellor distribución posible, pois é algo malo que algúns individuos estean peor que outros. Por iso, a concepción igualitarista da xustiza é sustantiva - sendo o importante os resultados - e comparativa. A postura que soamente ten en conta a igualdade denomínase igualitarismo puro. Pero, en xeral, acéptase que é bo tanto que exista máis igualdade como utilidade, de forma que o igualitarismo é compatible co utilitarismo. Quenes seguen esta postura serían igualitaristas pluralistas.
Liña 25:
Así, mentres que para o enfoque télico a desigualdade é mala, para o enfoque deóntico esta é inxusta. Un caso no que se observan ben as súas diferentes posturas é aquel no que existe unha desigualdade respecto á cal non se pode facer nada. Mentres que para o igualitarismo télico esta situación é negativa, para o igualitarismo deóntico non se pode dicir nin que sexa negativa nin que sexa positiva, pois non se pode facer nada.
 
* '''O''' '''maximin'''
 
O criterio maximin é defendido polo filósofo norteamericano [[John Rawls]]. Unha distribución maximin busca aumentar o valor daqueles que se atopan na posición máis desfavorecida fronte aqueles que están nunha situación mellor, establecendo así unha xerarquía entre os diferentes estados posibles. Consiste en reverter a situación daqueles que se atopan na situación de maior desvalor intentando que esta sexa o máis favorable posible. En palabras de Rawls, “a regra maximin dinos que debemos xerarquizar as alternativas conforme aos seus peores resultados posibles”.
 
* '''O''' '''prioritarismo'''
 
O prioritarismo é unha forma de consecuencialismo agregado que nos indica que unha situación será tanto máis xusta ou beneficiosa na medida na que se consigan satisfacer as necesidades de todo o mundo, priorizando a aqueles que se atopen en situacións máis desvantaxosas.