Ciencias naturais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Aristóteles: Nicolao Copérnico
Liña 99:
</gallery></div>
 
[[Claudio Tolomeo]] (ca. [[85]] d.C. - ca. [[165]]) prolonga e amplía os traballos de [[Hiparco]] e de [[Aristóteles]] sobre as órbitas planetarias e promove un sistema [[xeocentrismo|xeocéntrico]] do [[sistema solar]], que foi aceptado no mundo occidental e árabe durante máis de mil trescentos anos. A súa obra astronómica principal son os 13 libros que integran a ''Composición matemática'' ou ''Gran Sintaxe'', máis coñecida por ''[[Almaxesto]]'' —nome que deriva do título árabe que recibiu durante a Idade Media— que até a época de [[Nicolao Copérnico]] e [[Johannes Kepler]] foi a obra fundamental da astronomía. Consta esta obra, ademais, dun catálogo de estrelas, así como da descrición dos instrumentos necesarios para a observación astronómica. A obra xeográfica de Tolomeo (''Planisphaerium'', ''Geographia''), é tamén de gran importancia, e permaneceu vixente até o Renacemento.
 
Cómpre sinalar tamén, nos derradeiros anos deste período, a [[Hipatia]] de Alexandría (ca. [[355]] - ca. [[415]]), [[filósofo|filósofa]], e [[Docente|mestra]] [[neoplatonismo|neoplatónica]] grega,<ref>[http://www.bartleby.com/65/hy/Hypatia.html Columbia Encyclopedia, Hypatia] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20090419232941/http://www.bartleby.com/65/hy/Hypatia.html |date=19 de abril de 2009 }}: ''Alexandrian Neoplatonic philosopher and mathematician...'' {{en}}</ref> que destacou tamén nos campos das [[matemáticas]] e a [[astronomía]],<ref>Toohey, Sue (2003): [http://www.skyscript.co.uk/hypatia.html ''The Important Life & Tragic Death of Hypatia''] {{en}}</ref> membro e líder da [[Escola filosófica|escola neoplatónica]] de [[Alexandría]]. Seguidora de [[Plotino]], cultivou os estudos lóxicos e as ciencias exactas. Educou unha selecta escola de aristócratas cristiáns e pagáns que ocuparon posteriormente altos cargos. O feito de ser unha filósofa [[pagán|pagá]] (nun medio predominantemente [[cristián]]) considérase como un dos factores que contribuíron para que fose asasinada.<ref>{{cita libro|título=The Math Book: From Pythagoras to the 57th Dimension, 250 Milestones in the history of mathematics |autor= Clifford A. Pickover|url=http://books.google.com.br/books?id=JrslMKTgSZwC&pg=PA78}} {{en}}</ref> Hoxe está considerada como a primeira gran científica, especialmente matemática, da historia da humanidade.