Anxiospermas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta10ehf1)
Liña 71:
Xa en 1999, Qiu e os seus colaboradores<ref name="Qiu et al. 1999">Qiu ''et al.'' 1999. "The earliest angiosperms: evidence from mitochondrial, plastid and nuclear genomes". ''Nature'' 402, 404-407</ref> publicaron na prestixiosa revista [[Nature]] que, polos [[Sistemática molecular|estudos moleculares do ADN]], as magnoliófitas máis antigas (''basal angiosperms''), eran, de máis antiga a menos antiga: [[Amborellaceae]], [[Nymphaeaceae]], e unha orde nova de 3 familias á que chamaron [[Austrobaileyales]], que comprende as familias Schisandraceae, Trimeniaceae e Austrobaileyaceae. Determinaron que unha a unha estas tres pólas se foron desprendendo da rama principal das magnoliófitas; estas 5 familias hoxe coñécense co nome de ''[[graos ANITA]]'' ("ANITA grade" en inglés).
 
Hoxe en día está aceptado que Amborellaceae é a familia máis antiga de magnoliófitas, irmá de todo o resto. Este punto foi rexeitado por un traballo posterior no que se analizaba o xenoma completo dos plástidos de varios taxóns, mais o traballo foi posteriormente severamente criticado (Soltis e Soltis 2004<ref name="Soltis y Soltis 2004">Douglas E. Soltis e Pamela S. Soltis. 2004. ''Amborella'' not a "basal angiosperm"? Not so fast! ''American Journal of Botany'' 91 (6): 997-1001. (resumo [http://cat.inist.fr/?aModele=afficheN&cpsidt=15899452 aquí] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20081002083154/http://cat.inist.fr/?aModele=afficheN&cpsidt=15899452 |date=02 de outubro de 2008 }} )</ref>).
 
No 2002 Judd ''et al.'' na segunda edición do seu libro ''Plant Systematics'', recoñeceron o desprendemento destas familias antigas da póla máis recente de magnoliófitas, e á póla máis recente chamárona ''Núcleo das anxiospermas'' (''Core Angiosperms'' en [[lingua inglesa|inglés]]), nome co que se coñece a póla hoxe en día.