Cadaloh de Friúl: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Creada como tradución da páxina "Cadalau de Friül"
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 19 de febreiro de 2019 ás 09:07

Cadaloh (Kadaloch, Kadolach, Cadolah, Cadolach, Chadolah, Chadalhoh, Chadolt, latinizado como Cadalaus), finado o 31 de outubro de 819, foi duque de Friul desde 817 ata a súa morte. Era fillo dun conde Bertoldo (Pera[h]told) e unha muller da familia dos Alaholfingas.

Era o patrón ou protector do mosteiro de San Gall. Co seu irmán Uuagón (Wago), deu propiedades na vila de Wanga en favor do mosteiro, por carta do 23 de outubro de 805. Tamén doou a 17 de novembro de 817, na épova na que levaba o título de Conde (comes) e onde ordenou ao seu fillo, Berthold, facer doazóns no seu nome tras a súa morte.

Naqueles días, xa estivera a cargo de Dalmacia, onde foi o gobernante local no momento en que unha embaixada de Constantinopla atravesou o país ata a corte de Luís o Piadoso (816). Algún tempo despois, probabelmente en 817, foi nomeado duque de Friul. Exinardo citao como Cadolaum comitem et præfectum marcæ Foroiuliensis ("Cadolah, conde e prefecto da marca friulana") o 818. Posteriormente chámao Foroiuliensis Dux cando recorda a súa morte logo de volver dunha campaña contra Ljudevit Posavski, duque dos croatas de Panonia, en 819. Segundo a Vita Hludovici imperatoris , Cadolah foi substituído por Baldrico.

Véxase tamén Bibliografía