Terpeno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 28:
* '''[[Sesquiterpenos]]'''. Terpenos de 15 carbonos (é dicir, conteñen un monoterpeno e medio, o que equivale a 3 isoprenos). Moitos están presentes en aceites esenciais ou actúan como [[fitoalexina]]s (non todas sesquiterpenos), compostos [[antibiótico]]s producidos polas plantas en resposta á aparición de microbios, ou como repelentes da alimentación dos herbívoros oportunistas. A hormona das plantas chamada [[ácido abscísico]] é estruturalmente un sesquiterpeno, aínda que o seu precursor de 15 carbonos, a [[xantosina]], non se sintetiza directamente de 3 unidades isopreno senón que se produce pola escisión asimétrica dun carotenoide de 40 unidades. Un exemplo de sesquiterpeno é o [[farnesol]].
* '''[[Diterpenos]]'''. Terpenos de 20 carbonos (equivalen a 2 monoterpenos ou 4 isoprenos). Entre eles inclúese o [[cafestol]], o [[fitol]], que forma a cadea [[hidrófobo|hidrófoba]] da [[clorofila]], as hormonas [[xiberelina]]s, os ácidos das [[resina]]s das [[conífera]]s e dos [[legume]]s, as fitoalexinas, e unha serie de metabolitos farmacoloxicamente importantes, incluíndo o [[taxol]], un axente [[cancro|anticanceríxeno]] atopado no [[teixo]], e a [[forskolina]], un composto usado para tratar o [[glaucoma]]. Algunhas xiberelinas teñen 19 átomos de carbono polo que non son consideradas diterpenos porque perderon un átomo de carbono durante unha reacción de escisión. derivan de diterpenos o [[retinol]] e o retinal.
* '''[[Triterpenos]]'''. Terpenos de 30 carbonos (equivalen a 3 monoterpenos ou 6 isoprenos). Son xeralmente compostos formados pola unión cabeza-cabeza de dúas cadeas de 15 carbonos, pero cada unha delas formada por unidades de isopreno unidas cabeza-cola. Nesta gran clase de moléculas poderiamos incluír os [[brassinoesteroides]], compoñentes da membrana que son [[fitoesterolfitosterol|fitoesteroisfitosterois]], algunhas fitoalexinas, varias toxinas e repelentes de herbívoros, e compoñentes das ceras da superficie das plantas, como o [[ácido oleanólico]] das [[uva]]s. O triterpeno [[escualeno]] é precursor dos [[esteroide]]s.
* '''[[Tetraterpenos]]'''. Terpenos de 40 carbonos (equivalen a 4 monoterpenos ou 8 unidades de isopreno). Os máis abundantes son os pigmentos [[carotenoide]]s (carotenos e xantofilas) accesorios na absorción de luz na fotosíntese.
* '''[[Politerpenos]]'''. Conteñen máis de 8 unidades de isopreno. Entre eles están transportadores de electróns como a [[plastoquinona]] e a [[ubiquinona]], e outros como o [[dolicol]]), ou o [[caucho]] do látex de certas plantas, que pode ter miles de unidades de isopreno con enlaces [[isómero cis|cis]]. A [[gutapercha]] é outro politerpeno con enlaces [[isómero trans|trans]], o que a fai moito menos elástica ca o caucho.