Wikipedia:O que a Wikipedia non é: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Áncora
Banjo (conversa | contribucións)
https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/blog
Liña 36:
A Wikipedia non é un taboleiro de anuncios, un campo de batalla ou un medio para facer propaganda, anuncios ou promoción. Isto aplícase a tódolos [[Wikipedia:Espazo de nomes|espazos de nomes]] da Wikipedia.<ref>Os artigos da Wikipedia (así coma outras páxinas técnicas: [[Wikipedia:Categorías|categorías]], caixas de información e navegación, páxinas de [[Wikipedia:Axuda|axuda]] etc.) están fóra de límites para calquera tipo de promoción de ideas ou opinións. As [[Wikipedia:Páxina de conversa|páxinas de conversa]], [[Wikipedia:Páxina de usuario|páxinas de usuario]] e [[Wikipedia:Ensaios|ensaios]] son lugares nos que se pode debatir a favor de determinadas opinións sempre que estas estean directamente relacionadas coa mellora da Wikipedia e non sexan [[Wikipedia:Romper a edición|disruptivas]].</ref> Por este motivo, os contidos almacenados na Wikipedia non son para:
 
# '''Apoio, propaganda ou recrutamento''' de ningún tipo: comercial, político, científico, nacional, deportivo, relixioso ou calquera outro. Por suposto, un artigo pode informar obxectivamente sobre este tipo de temas, sempre que describa o tema desde un [[Wikipedia:Punto de vista neutral|punto de vista neutral]]. Existen outros lugares máis aló da Wikipedia para convencer xente sobre determinadas opinións, como poden ser os [[blogueblog]]s ou [[Foro (Internet)|foros]].
# '''Artigos de opinión.''' Malia que algúns temas, en particular aqueles relacionados con afinidades políticas ou eventos de actualidade, poden incitar paixóns e dar lugar a un intento de impoñer unha forma de pensar, a Wikipedia non é o medio para facer isto. Os artigos deben ter contidos equilibrados, sen decantarse por ningunha postura, e estar redactados desde unha perspectiva razoable que represente un [[WP:PVN|punto de vista neutral]]. Ademais, os editores da Wikipedia deben esforzarse por escribir artigos de forma que non queden obsoletos ao pouco tempo.
# '''Dixomedíxomes.''' Os artigos sobre [[Wikipedia:Biografías de persoas vivas|persoas vivas]] necesitan cumprir un estándar de alta calidade, para non conter mentiras nin difamacións mediante ruxerruxes ou infrinxir o dereito á privacidade do suxeito. Deste xeito, os artigos non poden atacar a reputación dunha persoa.
Liña 52:
# '''Fotografías e outros ficheiros''' Agás algúns artigos en forma de galerías, aqueles que conten con imaxes carentes de texto que achegue contidos enciclopédicos non teñen razón de ser na Wikipedia. O proxecto irmán que ''si'' é un repositorio de imaxes, vídeos e sons é [[commons:Portada galega|Commons]].
 
===A Wikipedia non é un blogueblog, aloxamento web ou rede social===
{{Áncora|BLOGUEBLOG|ALOXAMENTO}}
{{Atallo|WP:NON#BLOGUEBLOG|WP:NON#ALOXAMENTO}}
{{VT|Wikipedia:Páxina de usuario}}
A Wikipedia non é unha [[rede social]] como o [[Facebook]] ou [[Twitter]]. Non se pode empregar a Wikipedia como se fose unha [[páxina web]], un [[blogueblog]], unha [[wiki]] ou un [[aloxamento web]] propio. As páxinas da Wikipedia, incluíndo as páxinas no espazo de nomes de usuario, non son:
# '''Páxinas web persoais.''' Cada [[Wikipedia:Wikipedistas|wikipedista]] ten a súa propia [[Wikipedia:Páxina de usuario|páxina de usuario]] individual, que debe usarse principalmente para conter información relevante relacionada co traballo na enciclopedia. As páxinas de usuario son parte da Wikipedia, e existen para axudar na colaboración, non para a autopromoción. Unha presentación xeral sobre un mesmo para darse a coñecer á comunidade é axeitada, mais non debe empregarse coma páxina persoal, blogueblog ou repositorio para grandes cantidades de material persoal irrelevante para a colaboración na Wikipedia. Hai moitos servidores na internet que ofrecen espazos para crear páxinas web ou bloguesblogs persoais onde cadaquén pode incluír o que considere oportuno. O obxectivo destas páxinas non é servir de [[rede social]] ou coma entretemento, senón para axudar nunha colaboración efectiva.
# '''Aloxamento web.''' Só se deben subir ficheiros que vaian usarse ou teñan un posible uso en artigos da enciclopedia ou páxinas do proxecto. Os ficheiros sen un propósito enciclopédico serán eliminados. Se posúes imaxes relevantes, considera cargalas en [[Wikimedia Commons]], para que estean dispoñibles dende calquera Wikipedia.
# '''Servizos de citas.''' A Wikipedia non é o sitio axeitado para procurar relacións amorosas ou encontros sexuais. A Wikipedia ten unha serie de [[Wikipedia:Normas de conduta|normas de conduta]] que cómpre seguir para asegurar o ambiente colaborativo e profesional. Non obstante, é habitual que na Wikipedia acaben por forxarse novas amizades a medida que se avanza na mellora da enciclopedia.