Telescopio Hubble: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Agremon (conversa | contribucións)
→‎Descrición técnica: segue funcionando. ref.
Liña 77:
Desde o seu lanzamento, o telescopio recibiu varias visitas dos [[astronauta]]s para corrixir diversos erros de funcionamento e instalar equipo adicional. Debido ao [[rozamento]] coa atmosfera (moi tenue a esa altura), o telescopio vai perdendo [[velocidade]] moi lentamente e á vez gañando [[peso]] por mor da [[gravidade|interacción atractiva entre corpos con masa]] (o proceso de deceleración fai que descenda a súa altitude, achegándoo máis á codia terrestre, e aumentando polo tanto a forza de atracción que a Terra posúe sobre o satélite, o que aumenta inda máis o proceso de descenso), de modo que cada vez que é visitado, o [[transbordador espacial]] debe empuxalo a unha órbita lixeiramente máis alta. Deste xeito, conséguese manter a órbita, que fora alterada polos efectos físicos antes mencionados, rozamento e atracción terrestre.
 
A quinta misión de mantemento, prevista para [[2006]], cancelouse. Con ela, estaba previsto que o Hubble acadase o final da súa vida útil en [[2010]], 5 anos máis tarde do previsto. O fin do Hubble, xa que logo, é incerto, xa que depende da vida dos [[xiroscopio]]s, baterías e o freado atmosférico. A Axencia Espacial Canadense, a ESA e a NASA prevén lanzar en 2019 o telescopio [[James Webb]] para substituír ao Hubble.<ref>https://www.jwst.nasa.gov/</ref><ref>http://www.asc-csa.gc.ca/fra/satellites/jwst/</ref><ref>http://sci.esa.int/jwst/</ref>
 
O 14 de xuño de [[2006]] a [[Cámara de recoñecemento avanzado]] (siglas en inglés, ACS), un dos instrumentos considerados fundamentais no telescopio, deixou de funcionar. A causa estribaba nun problema de excesiva voltaxe no circuíto de alimentación principal, e puido ser arranxada coa activación do sistema de respaldo. O 30 de xuño a ACS volveu funcionar correctamente. O 31 de outubro de 2006, o Administrador de NASA anunciou a aprobación para unha misión de mantemento. Esta misión de 11 días de duración, pautada tentativamente entre a primavera e o outono de [[2008]], entraña a instalación de novas baterías, da terceira cámara de ángulo ancho do Telescopio Espacial e dun novo espectrógrafo, así como a reparación os [[xiroscopio]]s.
 
En [[2019]] segue funcionando e enviando imaxes de xeito periódico, como as de vixiancia dos planetas [[Urano]] e [[Neptuno]].<ref>{{Cita web|título=HubbleSite: News - Hubble Reveals Dynamic Atmospheres of Uranus and Neptune|url=http://hubblesite.org/news_release/news/2019-06|páxina-web=hubblesite.org|data-acceso=2019-02-18}}</ref>
 
== Cifras ==
* A cámara máis sofisticada do telescopio espacial Hubble creou unha imaxe mosaico dun gran pedazo do ceo, que inclúe polo menos 10. 000 galaxias.
* Co telescopio Espacial Hubble observáronse aproximadamente un millón de obxectos. En comparación, o ollo humano tan só é quen de ver unhas 6. 000 estrelas [[Magnitude visual|a primeira ollada]].
* As observacións do HST, incluíndo unhas 500. 000 fotografías, ocupan 1420 discos ópticos de 6,66 Gb (un total de 8,34 [[terabyte]]s, Tb).
* O Hubble ten un índice coa posición detallada de 15 millóns de estrelas que lle permite apuntar con precisión ós seus obxectivos.
* Astrónomos de máis de 45 países teñen publicado os descubrimentos feitos co Hubble en máis de 4.800 artigos científicos.
* O Hubble deu a volta á Terra cada 90 min, viaxando case 3. 000 millóns de [[Quilómetro|km]], unha distancia superior á que supoñería facer unha viaxe de ida a [[Neptuno (planeta)|Neptuno]].
 
== Principais descubrimentos ==