Urano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Agremon (conversa | contribucións)
→‎Exploración: Hubble, ref. e apart. notas
Agremon (conversa | contribucións)
→‎Exploración: ngadido sobre a cor
Liña 48:
En [[1986]], a sonda interpanetaria da [[NASA]] [[Voyager 2]] atopouse con Urano. Esa pasada segue a ser a única investigación o planeta realizada a curta distancia, e na actualidade non hai plans para novas visitas. Lanzado en [[1977]], o Voyager 2 realizou o seu achegamento máis próximo a Urano o [[24 de xaneiro]] de [[1986]], estando a 81.500 quilómetros da súa capa de nubes, antes de continuar a súa viaxe cara a [[Neptuno]]. O Voyager 2 estudou a estrutura e a composición química da atmísfera do planeta, incluída a súa meteoroloxía única, causada pola inclinación axial de 97,77°. Realizou as primeiras investigacións detalladas dos seus cinco satélites máis grandes, e descubriu 10 novas lúas. Examinou os nove [[aneis de Urano|aneis]] coñecidos e descubriu dous novos. Tamén estudou o campo magnético, a súa estrutura irregular, a súa inclinación e a súa peculiar magnetosfera.
 
A posibilidade de enviar a nave [[Cassini–Huygens|Cassini]] a Urano foi avaiada durante unha fase de planificación da extensión da súa misión no ano [[2009]]. Precisaríanse uns 20 anos para chegar ao sistema do planeta tras deixar [[Saturno]]. Mentres, o [[Telescopio Hubble|telescopio espacial Hubble]] toma imaxes de xeito periódico.<ref>{{Cita web|título=Canicas azules|url=http://www.esa.int/esl/ESA_in_your_country/Spain/Canicas_azules|páxina-web=European Space Agency|data-acceso=2019-02-18|lingua=es-ES|apelidos=esa}}</ref>
 
Mentres, o [[Telescopio Hubble|telescopio espacial Hubble]] toma imaxes de xeito periódico.<ref name=":0">{{Cita web|título=Canicas azules|url=http://www.esa.int/esl/ESA_in_your_country/Spain/Canicas_azules|páxina-web=European Space Agency|data-acceso=2019-02-18|lingua=es-ES|apelidos=esa}}</ref> En 2019, achegándose á metade do verán de 21 anos do planeta, a actividade arredor do polo inclúe unha gran pero estreita nube de metano. No planeta desenvólvense grandes ventos que sopran cara ó oeste. Tanto Urano como Neptuno non teñen unha superficie sólida, senón capas de hidróxeno e helio que rodean un interior rico en auga, que podería envolver un núcleo rochoso. O metano da atmosfera absorbe a luz vermella e dispersa lonxitudes de onda máis curtas, o que da a estes planetas o seu característico color ciano.<ref name=":0" />
 
== Notas ==