Atlas Lingüístico Románico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 6:
O Atlas Lingüístico Románico xurdiu a partir da creación doutros atlas precedentes, que recollían datos correspondentes a diferentes dominios lingüísticos.
 
Un dos primeiros foi o ''Atlas Linguistique de la France'' (ALF), levado a cabo entre 1897 e 1901 por Jules Gilliéron e Edmond Edmont, no que se recolleron datos aportados por 735 informadores pertencentes a 639 puntos da Francia metropolitana. O atlas posúe, en total, 1920 mapas, nos que están incluídas as distintas linguas galorrománicas. Anos máis tarde, no 1950, realizouse o ''Nouvel Atlas Linguistique de la France par Régions'', no que se incluíron datos relativos a rexións non galorrománicas, como Córcega ou o País Vasco. Outros atlas xurdiron anos despois, coma o ''[[Atlas lingüístico galego|Atlas Lingüístico Galego (ALGa)]]'', entre 1974 e 1977, ou o ''Atlante Linguistico Italiano'' (ALI), no 1990<ref name=":0">{{Cita libro|título=Atlas Linguistique Roman (ALiR). Vol. I|apelidos=Tuaillon|nome=Gaston|editorial=Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato|ano=1996|ISBN=|ref=|apelidos2=Contini|nome2=Michel}}</ref>.
 
A partir de todos eles, xurdiu o interese de elaborar un atlas moito máis amplo que os abranguese a todos, e é así como nace o ''Atlas Linguarum Europae'' (ALE)'','' no ano 1970, o primeiro atlas supranacional de segunda xeración. Pódese afirmar que o ''Atlas Linguarum Europae'' foi o xerme do ''Atlas Linguistique Roman,'' nacido a partir da colaboración dos romanistas das diversas áreas lingüísticas e das sínteses románicas publicadas polo Centro de Dialectoloxía de Grenoble. De feito, o presidente do ALE forma tamén parte do comité do ALiR<ref name=":0" />.
 
== Características do ALiR ==
 
=== Fontes ===
Para a elaboración dos mapas e das súas correspondentes sínteses, o ALiR baseouse nos datos xa existentes en mapas, dicionarios ou glosarios dos diferentes ámbitos románicos, publicados ou non. Tal e como se indica no primeiro volume (Tuaillon e Contini, 1996), as fontes utilizadas foron as seguintes<ref name=":0" />:
 
*'''Ámbito galorrománico''': dentro deste dominio empregáronse o ''Atlas Linguistique de la France,'' o ''Nouvel Atlas Linguistique de la France par Régions'', o ''Atlas Linguistique de la Wallonie'' (ALW), os ''Tableaux Phonétiques des Patois Suisses Romands'' (TP) e o ''Glossaire des Patois de la Suisse Romande.''
Liña 26:
 
=== Obxectivo e metodoloxía ===
O obxectivo que persegue o ALiR é ofrecer unha visión en conxunto das linguas da Romania dende un punto de vista léxico, fonético e fonolóxico e morfosintáctico. Para iso, acordouse escoller un certo número de termos pertencentes aos seguintes campos léxicos: insectos, animais domésticos e salvaxes, flora, natureza e fenómenos atmosféricos, o ser humano e traballo no campo<ref name=":0" />.
 
Cada un dos mapas do ALiR vai acompañado dunha síntese e dun pequeno comentario, no que se analizan aspectos etimolóxicos, morfolóxicos, etc. Este documento, elaborado por un ou varios romanistas, é o resultado da unión das distintas sínteses nacionais, elaboradas polo comité do territorio en cuestión. Así, o resultado final é unha síntese románica que agrupa as distintas formas lingüísticas empregadas na Romania para un mesmo termo<ref name=":0" />.
 
=== Organigrama do ALiR ===
O ALiR é un traballo de realización colectiva, cuxa sede central se atopa no Centro de Dialectoloxía da Universidade Stendhal, en Grenoble, que se encarga de coordinar a tódolos comités nacionais. Ademais desta institución, existe tamén un comité internacional formado por destacados romanistas, pertencentes a tódolos ámbitos lingüísticos estudados<ref name=":0" />.
 
Actualmente, o organigrama do proxecto segue a estrutura que presentamos a continuación<ref name=":0" />:
 
- Director: Michel Contini
Liña 46:
 
== Publicacións do ALiR ==
Actualmente hai tres volumes publicados do ALiR, cada un deles con diferentes mapas e cos seus correspondentes comentarios<ref name=":0" />:
 
* ''Atlas Linguistique Roman'', vol. I (1996), (2 tomos, 14 mapas)
Liña 52:
* ''Atlas Linguistique Roman'', vol. II.b (2009), (2 tomos, 20 mapas)
 
Non obstante, o proxecto contempla a realización dun total de once volumes<ref name=":0" />:
 
#Volume de presentación