Tenase: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
traducido de en:tenase
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 16 de febreiro de 2019 ás 23:12

A tenase ou complexo tenase é un complexo proteico que actúa na coagulación do sangue como proteína activadora que activa o factor X (factor dez) orixinando por clivaxe o factor Xa por dous modos: extrinsicamente ou intrinsicamente.

Tenase é unha contracción da palabra inglesa "ten" ('dez') e o sufixo propio dos encimas "-ase", dado que o substrato ao que activa este complexo é o inactivo factor X (dez).

O complexo tenase extrínseco está constituído por: factor tisular, factor VII e Ca2+ como ión activador.

O complexo tenase intrínseco contén o factor IX activo (IXa), o seu cofactor factor VIII (VIIIa), o substrato (factor X), os cales son ac tivados por superficies cargadas negativamente (como vidro, membranas de plaquetas activas, e ás veces membranas de monocitos). Estes factores procoagulantes dependentes de vitamina K atracan sobre estas superficies por medio do seu dominio Gla con pontes de Ca2+. Isto fai que o proceso de activación moito máis rápido e bloquea a unión de inhibidores.

Notas