Abrir o menú principal

Cambios

m
ligazóns internas
 
=== Primeira guerra Médica (490 a. C.). ===
Os atenienses dirixidos polo xeneral [[Milcíades]] rexeitaron o ataque do rei Darío na chaira ática de [[Batalla de Maratón|Maratón]].
 
=== Segunda guerra Médica (480 a. C.) ===
Dez anos despois os persas fixeron unha nova invasión de Grecia con enormes efectivos, a acción conxunta da maioría dos gregos, con Atenas e Esparta á cabeza, logrou a liberación de Grecia: batalla terrestre de [[Batalla das Termópilas|Asdas Termópilas]], co rei espartano [[Leónidas I|Leónidas]] á fronte, e batallas navais de [[Batalla de Salamina|Salamina]], dirixida por [[Temístocles]], e de [[Batalla de Platea|Platea]].
 
Ao rematar as [[Guerras Médicasmédicas]], [[Atenas]] e as cidades xonias crearon unha alianza, a [[Liga Marítima Délico-Ática]], con sede na [[Illa de Delos|illa de Delos]], para defenderse de futuros ataques persas. Ao cabo de pouco tempo, esta alianza transformouse nun imperio ao servizo dos intereses atenienses.
 
Así mesmo, Atenas comezou a reconstrución do [[Acrópole de Atenas|Acrópole]], a construción dos Longos Muros dende Atenas ao porto do [[O Pireo|Pireo]], deuse un gran desenvolvemento da vida literaria e artística e houbo unha grande afluencia de intelectuais e pensadores que acudían á cidade procedentes doutros lugares de Grecia.
 
==== A Democracia Ateniense: Pericles. ====
O progreso democrático foi rápido debido ao papel desempeñado polas clases populares na súa vitoria sobre os persas. [[Pericles]] e [[Efialtes de Atenas|Efialtes]] introduciron reformas constitucionais polas que o pobo asumiu maiores responsabilidades na Asemblea e os Tribunais populares, os membros das institucións recibían remuneración salarial, o Consello aristocrático e o [[Areópago]] perderon poder político. Deste modo Atenas robusteceu a súa democracia e mantivo a supremacía sobre o resto de Grecia, debido ao seu poderío naval.
 
O imperialismo ateniense propiciou o afastamento do perigo persa, seguridade na navegación, unidade entre os gregos do Exeo (unidade monetaria, xurídica, política, cultural, lingüística...), pero tamén suprimiu a autonomía dos aliados e entrou en conflito cos intereses comerciais dos aliados de Esparta: [[Corinto antiga|Corinto]] e [[Megara]].
 
=== Guerra do Peloponeso ===
Macedonia impúxose con facilidade en Grecia debido á crise das polis, con continuos conflitos internos e externos, agudización das loitas entre ricos e pobres e desinterese por participar na política.
 
Tras o asasinato de Filipo II, o seu fillo [[Alexandre o Grande|Alexandre]] sufocou os levantamentos dalgunhas cidades gregas contra Macedonia e dirixiu o seu exército contra o Imperio Persa tras cruzar o [[Dardanelos|Helesponto]]. No curso de once anos, Alexandre o Grande derrotou os persas nunha serie de impresionantes vitorias: [[Batalla do Gránico|Gránico]], [[Batalla de Isos|Isos]], expedición a Exipto, [[Batalla de Gaugamela|Gaugamela]]... Tras a toma de Persépolis iniciou unha grande expedición cara ao Leste para coñecer os límites do seu enorme imperio, que se estendía dende os [[Balcáns]] ata [[Afganistán]] e dende Exipto ao [[Río Indo|Indo]].
 
Na organización e administración do seu imperio Alexandre mostrou unha grande amplitude de miras: baixo a súa inspiración produciuse a fusión da cultura helénica e a dos pobos conquistados, a adopción de ritos e cerimoniais autóctonos, a fundación de cidades con vistas a fomentar o estilo grego de vida e a mellora das vías de comunicación co fin de potenciar as actividades económicas. A súa temperá morte aos 33 anos frustrou a realización de maiores empresas.
11.039

edicións