Metabolismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta10ehf1)
Liña 110:
=== Enerxía dos compostos orgánicos ===
 
O catabolismo de [[carbohidrato]]s é a degradación destes en unidades menores. Os carbohidratos son xeralmente captados pola célula unha vez que foron dixeridos a monosacáridos.<ref>{{Cita publicación periódica|autor=Bell G, Burant C, Takeda J, Gould G |título=Structure and function of mammalian facilitative sugar transporters |revista=J Biol Chem |volume=268 |número=26 |páxinas=19161-4 |ano=1993 |pmid=8366068}}</ref> Unha vez dentro da célula, a [[ruta metabólica|ruta de degradación]] utilizada é a [[glicólise]], na cal os azucres como a glicosa e a frutosa son transformados en [[piruvato]] á vez que se xeran algunhas moléculas de ATP.<ref name=Bouche>{{Cita publicación periódica |autor=Bouché C, Serdy S, Kahn C, Goldfine A |título=The cellular fate of glucose and its relevance in type 2 diabetes |url=http://edrv.endojournals.org/cgi/content/full/25/5/807 |revista=Endocr Rev |volume=25 |número=5 |páxinas=807-30 |ano=2004 |pmid=15466941 |data= |data-acceso=12 de xullo de 2013 |urlarquivo=https://archive.is/20121204152655/http://edrv.endojournals.org/cgi/content/full/25/5/807 |dataarquivo=04 de decembro de 2012 |urlmorta=si }}</ref> O piruvato é un intermediario de varias rutas metabólicas, pero a maioría é convertido en [[acetil-CoA]], que entra no [[ciclo de Krebs]]. Aínda que no ciclo se xera máis ATP, o produto máis importante é o NADH, sintetizado a partir do NAD<sup>+</sup> pola oxidación do acetil-CoA. A oxidación libera dióxido de carbono como produto de refugallo. Unha ruta alternativa para a degradación da glicosa é a [[ruta da pentosa fosfato]], que reduce o coencima [[NADPH]] e produce azucres de [[pentosa|5 carbonos]] como a [[ribosa]], o azucre que forma parte dos [[ácido ribonucleico|ácidos ribonucleicos]].
 
As graxas son catalizadas por [[hidrólise]] a ácidos graxos e [[glicerol]]. O glicerol entra na glicólise e os ácidos graxos son degradados por [[beta-oxidación]] para liberaren acetil-CoA, que é logo cedido ao ciclo de Krebs. Os ácidos graxos producen máis enerxía que os carbohidratos porque conteñen menos oxíxeno.