Unión Social Demócrata de Macedonia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
É o sucesor da [[Liga de Comunistas de Macedonia]], o partido gobernante durante o [[réxime comunista]] que dirixiu a [[República Socialista de Macedonia]] como [[país constituínte|república constituínte]] da [[República Federal Socialista de Iugoslavia]] dende 1945 a 1990. A líder actual do partido é [[Radmila Šekerinska]]. Foi elixida o [[5 de novembro]] de [[2006]] como líder do partido.<ref>[http://www.setimes.com/cocoon/setimes/xhtml/en_GB/newsbriefs/setimes/newsbriefs/2006/11/06/nb-04 Sekerinska elected leader of Macedonia's main opposition party]</ref> Dende setembro de [[1992]] a [[1998]] e dende [[2002]] a [[2006]], a SDSM foi o partido con máis representación no [[Parlamento de Macedonia]] e o principal partido do goberno, e ten amosado unha actitude moderada e reconciliadora cara ás minorías étnicas en Macedonia. En canto á súa [[ideoloxía]], pódese dicir que malia seren o sucesor dun partido comunista e chamarse "[[socialdemocracia|socialdemócrata]]", o influente grupo de presión empresarial na SDSM está a mover ao partido nunha dirección [[neoliberalismo|neoliberal]]. Consecuentemente, a SDSM ten menos apoios nas clases baixas e máis apoios nas clases altas que os que cabería agardar dun partido socialdemócrata.
 
O partido perdeu as [[eleccións ao Parlamento de Macedonia de 1998]], pero nas eleccións lexislativas do [[15 de setembro]] de [[2002]], o partido converteuse no partido con máis forza obtendo 43 dos 120 escanos na [[Asemblea da República de Macedonia do Norte]] e o maior partido da alianza [[Xuntos por Macedonia]], liderada pola SDSM e o [[Partido Liberal Democrático (Macedonia)|Partido Liberal Democrático]]. '''Xuntos por Macedonia''' gobernou en coalición coa [[Unión Democrática para a Integración]].
 
[[Radmila Šekerinska]] é a líder actual da SDSM. Foi elixida Presidenta o 5 de novembro de 2006, no Congreso do partido que seguiu á moción de censura contra o líder anterior, [[Vlado Bučkovski]]. Šekerinska fora previamente deputada [[Primeiro ministro de Macedonia do Norte|Primeira Ministra da República de Macedonia]] responsable para a Integración Europea e da Coordinación Nacional para a Asistencia Estranxeira. Estivo tamén actuando como [[Primeiro ministro de Macedonia do Norte|Primeiro Ministro da República de Macedonia]] dende o [[12 de maio]] de [[2004]] até o [[12 de xuño]] de [[2004]], e dende o [[3 de novembro]] de 2004 até o [[15 de decembro]] de 2004.
Durante o seu mandato como deputada Primeira Ministra responsable para Asuntos Europeos, o [[Consello Europeo]] garantiu en [[decembro]] de [[2005]] o status de país candidato á [[UE]] áa [[RepúblicaMacedonia dedo MacedoniaNorte]]. [http://en.wikipedia.org/wiki/Accession_of_the_Republic_of_Macedonia_to_the_European_Union] [http://europa.eu/rapid/pressReleasesAction.do?reference=DOC/05/4&format=HTML&aged=1&language=EN&guiLanguage=en]
 
O líder do partido até [[2004]] foi [[Branko Crvenkovski]], que serviu como Primeiro Ministro de Macedonia dende 1992 até 1998, e dende 2002 até 2004. Crvenkovski foi entón elixido para que fose [[Presidente da República de Macedonia do Norte]], posto que aínda ostenta. A presidencia do partido pasou a [[Vlado Bučkovski]], que foi o líder do partido e Primeiro Ministro até as eleccións parlamentarias de [[2006]]. Outros memrbos importante do partido son: [[Jani Makraduli]], [[Zoran Zaev]], [[Goran Mincev]], [[Nikola Popovski]], [[Ilinka Mitreva]], [[Nikola Kjurkciev]] e outros. A SDSM é mebro en pleno dereito da [[Internacional Socialista]] e membro asociado do [[Partido dos Socialistas Europeos]].
 
O [[30 de novembro]] de [[2005]], un dos membros máis importantes da SDSM, [[Tito Petkovski]], que presentarase a presidente en 1999 e que quedara en segundo lugar, deixou o partido para formar o [[Novo Partido Socialdemócrata]]. Esta é a segunda maior escisión da SDSM, a primeira foi a escisión de [[1993]] de [[Petar Gošev]], que creou o [[Partido Democrático (Macedonia)|Partido Democrático]].