Direccionalidade (bioloxía molecular): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 20:
O '''extremo 3 prima''' (3') dunha cadea de ácido nucleico é o extremo que contén o grupo 3'-OH ([[hidroxilo]]) terminal no 3º carbono do azucre. O extremo 3'-OH é necesario para a síntese de novas moléculas de ácido nucleico, xa que se engaden a el nucleótidos, que se enlazan polo fosfato do extremo 5' destes, orixinando un [[enlace fosfodiéster]], que alonga a cadea.
 
Os biólogos poden utilizar [[nucleótido]]s que carecen do grupo 3'-OH (chamados didesoxirribonucleótidos) para interromper a [[replicación do ADN]]. Esta técnica coñécese como o [[método de terminación da cadea]] didesoxi ou método de Sanger, e utilízase na [[secuenciación do ADN]].
 
O extremo 3' dun ARNm nacente é o sitio onde se produce a [[poliadenilación]] postranscricional, na cal se engade unha cola de 50 a 250 residuos de [[adenosina]] durante a maduración do ARNm eucariótico. Esta cadea axuda a determinar a duración da vida do ARN na célula, o que afecta á cantidade de proteína que se traduce a partir del.