Diferenzas entre revisións de «Partido Republicano Democrático Federal»

arranxiños
(arranxiños)
A súa representación parlamentaria foi de 85 deputados nas [[Cortes]] nas [[Eleccións Xerais 1869 en España|eleccións de 1869]], 52 en [[1871]], 52 en abril do [[1872]] e 77 en agosto do [[1872]].
 
Contaba con numerosos publicacións afíns como os diarios ''[[El Federalista]]'', ''[[El Estado Catalán]]'' e ''La Alianza de los Pueblos'' de [[Barcelona]], ''El Ampurdanés'' de [[Figueras (Gerona)Figueres|Figueras]], ''El Iris del Pueblo'' de [[Palma]], ''La Igualdad'', ''La Discusión'' ou ''El Pueblo Español'' de [[Madrid]].
 
==Constitución do partido==
A inclusión dunha minoría intransixente, formada por Estévanez e Contreras, non impediu a constitución dun Consello Provisional da Federación Española (outubro de [[1872]]) que, apoiándose nos feitos do [[Ferrol]], intentou dirixir unha nova insurrección xeneralizada en novembro de 1872. A proclamación da [[Primeira República Española]], paradoxalmente, favoreceu o agravamento da división do partido. Os representantes parlamentarios apoiaron a política ''legalista'' de Pi i Margall, consistente en esperar a elección dunhas Cortes constituíntes para proclamar a república federal e elaborar unha constitución propia. Os intransixentes das "provincias", en especial [[Cataluña]], [[Comunidade Valenciana|Valencia]] e [[Andalucía]], pretendían a inmediata implantación das reformas administrativas e políticas prometidas e actuaron con independencia do directorio de Madrid ou do goberno da República.
 
A súa forza mostrouse moi limitada cando se celebraron as eleccións xerais en maio do [[1873]]. Configurouse unha nova tendencia de centro, formada por [[Nicolás Estévanez]], [[Eduardo Benot]], [[Francisco Díaz Quintero]] e [[José María Orense|José María de Orense]] que, xunto co sector de dereita, dirixido por Emilio Castelar e [[Nicolás Salmerón]], predominou nas novas Cortes e constituíu o principal apoio de Pi i Margall os meses de xuño e xullo.
 
O [[cantonalismo]] xurdiu con forza, independentemente do Comité de Salvación Pública creado o [[10 de xullo]] polos intransixentes de Madrid; á parte de forzar a saída do poder de Pi i Margall, favoreceu o dominio da dereita e desorganizou o centro. O peso dos feitos en Cataluña foi determinante. A forza dos intransixentes foi limitada polo avance continuado dos [[carlismo|carlistas]] coas vitorias de [[Francesc Savalls]] en [[Berga]] o [[28 de marzo]] e en [[Alpens]] o [[11 de xullo]], que supuxo un freo ás deputacións de [[Tarragona]], [[Xirona]] e [[Lleida]], pouco propensas a seguir aos intransixentes da [[deputación]] de [[Barcelona]] nos seus intentos de Proclamación do Estado Catalán (12 de febreiro, 21 de febreiro, 9-11 de marzo, 19-26 de xullo). Membros con moito prestixio, como [[Baldomer Lostau i Prats]], [[Anselmo Cravei]], [[Sunyer i Capdevila]], [[Gonçal Serraclara i Custa]] ou Rubau Donadeu, pasaron a posicións máis centristas. O perigo carlista provocou á vez a formación da Xunta de Salvación e Defensa de Cataluña e dificultou a participación no cantonalismo.
No ano [[1894]] fixouse o seu ideario de xeito claro e concreto coa redacción do ''Programa do Partido Federal'', pero o seu crecemento foi moi escaso. Pi i Margall foi deputado a partir de [[1886]], así como Vallès i Ribot, pero agudizouse o case exclusivo apoio de Cataluña. Ademais, a súa operatividade estaba minguada por unha continuada resistencia aos intentos reunificadores do republicanismo e o mantemento dunha ríxida ortodoxia doutrinal. A finais do [[século XIX]] era unha forza desorganizada, pese ao prestixio de Pi i Margall e o partido en Cataluña coa campaña de oposición á [[Guerra dos Dez Anos|guerra de Cuba]].
 
Mentres en Cataluña o partido topaba cos seguidores de [[Valentí Almirall i Llozer|Valentí Almirall]] e do [[Centro Nacionalista Republicano]], ao mesmo tempo que á vez Vallès i Ribot empezou a diferenciarse moito da dirección de Pi i Margall co intento de aproximación ao [[catalanismo]] de [[1899]] e, sobre todo, coa firma no ano [[1901]] do ''Manifest d'Uniu Republicana Catalá'' (Manifesto de Unión Republicana Catalá). No [[Comunidade Valenciana|País Valenciano]] topaba co [[blasquismo]] e nas [[Illas Baleares]] o ''[[Partit d'Uniu Republicana de Mallorca]]'' o illou totalmente.
 
==Desaparición do partido==
As relacións coa dirección central do partido en Madrid empeoraron á morte de Pi i Margall, e o seu sucesor [[Eduardo Benot]], non puido evitar a rotura do partido en maio de [[1905]]. O republicanismo federal continuou sendo forte en Cataluña, pero incapaz de crear unha estrutura de partido por enriba da acción dispersa dos membros políticos locais. Só unha pequena parte situouse á beira de [[Alejandro Lerroux]], quen nunca se mostrou partidario do federalismo, e a maioría uniuse ás diferentes formacións do republicanismo catalanista ([[Unión Republicana (España)|Unión Republicana]], [[Centro Nacionalista Republicano]], [[Unión Federal Nacionalista Republicana]]). O pouco que quedaba do partido, logo de formar parte da [[Solidaritat Catalana|Solidariedade Catalá]], uniuse no ano [[1909]] a [[Esquerra Catalá]] e finalmente en 1910 incorporouse á [[Unión Federal Nacionalista Republicana]].
 
==Véxase tamén==
15.768

edicións