Bahamas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 51:
}}
As '''Bahamas''', tamén coñecidas oficialmente como '''Mancomunidade das Bahamas'''<ref>{{cita web|apelido1=Official government website|título=The Constitution|url= http://www.bahamas.gov.bs/wps/portal/public/About%20The%20Bahamas/Constitution/!ut/p/b1/vZLZjqMwEEW_JR8wjc1i4NEJgZCA2cz6ggLpQBZDEsgCXz8ZqaVZpMm8THfVk6VTdXWvi8u4hMua9W1Xrftd26yPP94ZygVg2BiLim1IAAEzdC3sygvegdITSJ8A-Eth8HJ-xXMxl9CUf2idWRmmvz153R77JxNFNdlo5tW6wl3lij3DM5K7ifQIJUeFwrXsSkYubG4ILT9vkJxIctNMcTCv0flWk_C9qdvL7UgTOgTbh9QJl4VEQtlgfLUSk7hObbzxAJp3-fnO_IitDJ3UAqmzs02TUtWloWpPqO424bVH6fwKuqN-1rMCFE6bKHaivoOpVE0mH_5fGPxHfjGXvURE8AG8iJgsWvbOpU9M_mUPjQAwIcB-AD2gEMhRLgFiHuyHkzkeRn8P7jyxSmBrvgsPAFJaRIQag02WJLj4NgzBGNBsaY8e7A7V0BPqbiI_nGINr2F4-1PQ4an6FJxBtAolEADxswUNyVGeScnUxRIPDAd-taDwpZEargM-3eFvRyN6__8Pl1y2K9jbvWRv4E1REZRkRVQVBERRkblon4qypph3zaT5rO0X607tpt4hnuNeQ6lVkt3OZ20ZqIqRL6XgOK9utCm_xTfFXsmwPcjmDJ_Y4UwNx4LHa8Vv0ytOk9ZBM6d-DyNd1y5NUDXxTGX6ecBWv92LuUaqcIyR7vMEAX455mwIUNEHSuEqe1bKejNm6bhKVDNlnic-gJcfN114AKu4S0rLrVrBKDesR6AK3KJeRBWIbvumRpfFkMXroeBF-ahggTfltTjhTiy8WchXyPZn23gy-Q7eqwK-/dl4/d5/L2dBISEvZ0FBIS9nQSEh/|dataacceso=29 de maio de 2017}}</ref> é un estado independente situado nas [[Antillas]]. Un [[arquipélago]] de 24 illas habitadas, 600 deshabitadas e máis de 2&nbsp;000 [[peneda]]s e [[escollo]]s. Sitúanse no [[océano Atlántico]], ao leste de [[Florida, Estados Unidos de América|Florida]] ([[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]), ao norte de [[Cuba]] e das outras illas do [[mar Caribe]] e ao oeste das [[Turks e Caicos]] ([[Reino Unido]]). A lingua oficial é o [[Lingua inglesa|inglés]], mais tamén está moi estendido o [[crioulo das Bahamas]].<ref>{{cita web|url=https://www.ethnologue.com/country/BS/languages|título=Bahamas|editor=Ethnologue}}</ref>
 
== Etimoloxía ==
O nome ''Bahamas'' é posible que derive do [[Lingua taína|taíno]] ''ba ha ma'' ("gran terra media alta"), que un termo para a rexión usado polos [[Pobos indíxenas de América|indíxenas americanos]],<ref>{{cita libro |título=Bahama Saga: The epic story of The Bahama Islands |páxina=47 |autor=Peter Barratt |ano=2004 }}</ref> ou probablemente provén do [[lingua castelá|castelán]] «baixa mar», xa que gran parte das illas deste arquipélago só é avistable durante a [[marea]] baixa ou "baixa mar". Existe outra alternativa, segundo a cal pode proceder de ''[[Guanahani]]'', un nome local de significado incerto.<ref>{{OEtymD|bahamas}}</ref>
 
== Historia ==
A primeira terra na que desembarcou [[Cristovo Colón]] no Novo Mundo en [[1492]] crese que foi na illa de San Salvador, chamada orixinalmente polos [[pobos arauacos|arauacos]] [[Guanahani]], e posteriormente ''Watling'' polos británicos, localizada ao sur do arquipélago das Bahamas. Alí, Colón atopou aos amigables arauacos (tamén coñecidos como «[[Pobo lucayo|lucayos]]») e intercambiou agasallos con eles. A posterior desaparición dos [[pobos arauacos|arauacos]] e doutros pobos debeuse en gran medida a esta e a posteriores expedicións europeas á rexión.
 
Inicialmente o arquipélago recibiu por parte dos españois o nome da poboación epónima doslucayos, sendo así chamado '''Illas lucayas'''. O nome de Bahamas crese con bastantes fundamentos que provén do [[lingua castelá|castelán]] «baixa mar», xa que gran parte das illas deste arquipélago só é avistable durante a [[marea]] baixa ou "baixa mar".
 
Desde finais do [[século XV]] ata o [[século XVII]], [[España]] controlou as Bahamas, aínda que as illas, pola súa situación estratéxica na "[[Ruta do Galeón]]" (e por formar o arquipélago un auténtico labirinto insular) , paulatinamente foron transformándose en agochos e niños de [[pirata]]s, [[bucaneiro]]s, [[filibusteiro]]s especialmente [[Inglaterra|ingleses]]. Así no [[século XVIII]], os [[lealistas]] británicos que deixaran [[Nova Inglaterra]] por mor dos sentimentos anti-británicos trasladáronse ás illas. Debido ao gran número de colonos británicos nas illas, a soberanía do arquipélago traspasouse de España a [[Reino Unido]], e as Bahamas foron declaradas colonia británica en [[1783]].